www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 16 de Setembro de 2019

O Concello esixirá á Consellería de Educación a construcción do patio cuberto en Santa Mariña
Institucional • 24/02/2011
Autor: M. X. Queimaliños

O goberno local rexeita financiar a obra con fondos municipais por tratarse dunha actuación de "competencia autonómica". Pais e nais do centro educativo protagonizaron unha sonora protestas ás portas do Concello mentres no interior a Corporación acadaba un acordo unánime para esixir á Xunta que constrúa o patio cuberto.


Todos os grupos políticos presentes na corporación municipal estiveron de acordo onte en dar o seu apoio a unha moción presentada polo BNG para reclamar á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que concrete os prazos e orzamentos para a construcción dun patio cuberto no colexio de Santa mariña. Pola contra rexeitouse a proposta presentada polo PP, un grupo que solicitaba que dita obra fora executada con fondos municipais.


Os populares, a través do seu voceiro Alberto Pazos, recoñecían que a obra é competencia autonómica, pero argumentaban que "ao non existir orzamento na consellería para acometer esta actuación", ben podería ser o concello quen asumise o seu custe habilitando unha partida dos 1.400.000 euros que o concello dispón para "obras sen determinar".


Unha petición que dende o Bloque cualificaban de "despropósito" mentres acusaban á Consellería de estar á abusar da paciencia dos pais con promesas que nunca chegan a cumprir. Da mesma opinión se mostraban no PSOE. O socialista Emilio González Iglesias entende que "non é creible" que no inicio do ano a Consellería careza de orzamento e menos cando se está a falar dunha cantidade menor, que rolda os 200.000 euros e engadía que o Concello non pode asumir unha obra que non é da súa competencia e que os cartos dos que dispón o concello son exclusivamente para realizar "obra municipal".


Finalmente a moción dos populares foi rexeitada mentres que si se aprobaba e de xeito unánime a presentada polo BNG. Unha decisión que era aplaudida por parte de pais e nais que durante toda a sesión permaneceron ás portas da casa consistorial par facer oír as súa petición.


Dende a ANPA "Ernestina Otero", José Manuel Quinteiro mostraba a satisfacción do colectivo e confían en que este apoio explícito do Concello poida acelerar a construcción do patio. Con todo continuarán coas protestas e anuncian que a partir do 3 de marzo todos os xoves atrasarán a entrada dos nenos nas aulas.


Criticaban a postura do PP por unha moción que cualificaban de "electoralista" e por acusar ao bipartito de non facer en catro anos unha obra que os gobernos populares na Xunta nunca acometeron.

Comentarios
para arturo
Venres 25 de Febreiro de 2011 ás 19:20 horas
amigo arturo creo que esta equivocado tita orge habla bien nuestro politicos prometen mil una cosa no hacen nada ,tambien decir que estuvimos 16 años de gobierno del partido popular y 4 años de bipartido nadie se preocupa por poner un patio cubierto en santa marina
Camilo
Venres 25 de Febreiro de 2011 ás 18:16 horas
A indignación, e a Non te creo: quixera verlle eu a cara, a ver que lles pasa aos do ANPA, a ver se van ser suplantadores de pais de coléxio, ou son pais lexitimados a esixir o mellor para os seus crios. Indigando estou eu que parece que un non s epoida expresar e manifestar libremente. Deque plumeiro falas indignación, acaso os do ANPA non son pais e nais de nenos escolarizados. A ver se me queres facer creer que aos pais do ANPA non lle pode preocupar as condicións nas que se atopan os seus fillos e manifestalo e reivindicalo, a ver se é que temos que ter medo a que nos criminalicen, incluso a que sospeiten de que temos un interese partidista incluso cand non o teñamos. porque non te metes cos politicos da cor que máis te guste, para que fagan algo polos cativos? Ti eres un bandullo agradecido. Será que a ti dache igual que andas de paseo a controlar policialmente para logo informar a Don Xaime?
Arturo
Xoves 24 de Febreiro de 2011 ás 23:51 horas
Respeto que non me creas, non pretendo tal. A miña opinión é miña, nen sequera unha verdade tabú. Podesme crer ou non, pero seguirei pensando o mesmo, estea ou non equivocado. Eu tamén teño a miña opinión do teu comentario, moi respectable, por certo.
Preocúpanme os rapaces, que non teñan un patio onde desenvolver a súa actividade, é mais, para mín iso é símbolo de progreso, no século 21 e que haxa rapaces á choiva, e non outras cabezonerias dos incapaces que hai no Concello (TODOS, OS 21).
O que xa me alucina é: "pretendes enmerdar porque non te deixan entrar a tí a facer o que che apetece e páranche os pés cando te pasas de voltas" . ???????????????
Aí xa me deches campión, acertaches de cheo!!! Coido que de voltas pasáchete tí un pouco, toma unha tiliña, que falta che fai. Penso por tí mesm@ se é que podes (ou sabes ou te deixan).
Unha aperta
Non te creo
Xoves 24 de Febreiro de 2011 ás 19:30 horas
Arturo meu, eu xa non me trago a túa bontade a-política neste tema, nen sequera que che preocupen os cativos. O único que che creo é que pretendes enmerdar porque non te deixan entrar a ti a facer o que che apetece e páranche os pes cando te pasas de voltas.
PATIO CUBERTO XA!
Arturo
Xoves 24 de Febreiro de 2011 ás 17:11 horas
Primeiro, paréceme lóxica e xusta a reinvindicación do patio, pero , coma sempre, cando un escoita certas cousas, dáme noxo o enmerdamento que fai a política de todo.
As declaracións da muller ésta, Tita Orge, son para tirarse dos pelos, o de ti en dous, eu en doce, vos en dezaseis,... Mimá, falan por sí soas.
Permitídeme unha maldade, se non se reclamou antes con tanta "vehemencia", terá algo que ver coa escolarización dos fillos de algún responsable local dun partido? Terá algo que ver co abellar todo o posible diante das eleccións? Tita, non estarás sendo un pouco instrumentalizada?
En fin, fágao quen o faga, PATIO CUBERTO XA!!!
que panda de gitanos
Xoves 24 de Febreiro de 2011 ás 16:14 horas
despis de llevar 16 año en el gobierno de la xunta del partido popular y unos cuantos años de bipartio ninguno de los 3 partido gobernando ni psoe ni pp ni bng no hicieron nada por poner en redondela un partio cubierto en santa marina
INDIGNACION
Xoves 24 de Febreiro de 2011 ás 13:30 horas
Pareceme a min que a estos da ANPA míraselle muito o plumeiro. Bueno eu somentes tiven que pasar e mirar algunhas caras e xa me quedou claro. Será que ue son moi perspicaz
[1-7]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: