www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 16 de Setembro de 2019

Unha vertedura tingue de branco o río Alvedosa
Institucional • 24/02/2011
Autor: Ana Prieto

A contaminación, de cor gris-branquecino, foi detectada a primeira hora da mañá. A concellería de Medio Ambiente revelou que os informes determinan que procede das obras do AVE. O Concello remitiu a información a Augas de Galicia, organismo responsable de actuar nestes casos.


O último episodio de contaminación no río Alvedosa detectouse a primeira hora desta mañá. O informe dos inspectores de Medio Ambiente revela que a vertedura procede das obras do túnel do AVE, que se están a realizar no Val do Maceiras. Segundo explicou o concelleiro, Carlos Pazos, xa se deu conta do suceso a Augas de Galicia, organismo responsable. O edil de Medio Ambiente denuncia a "reiteración" destes vertidos, e agarda que o organismo dependente da Xunta tome medidas ó respecto para evitalas nun futuro. Desde que comezaron os traballos do tren de alta velocidade foron frecuentes os arrastres de material das obras ata o río, especialmente en época de fortes chuvias. O caso de hoxe é "especialmente grave" segundo Pazos de Campo, xa que se produciu nunha xornada na que non se rexistraron precipitacións.


 

Comentarios
Miguez
Luns 28 de Febreiro de 2011 ás 08:29 horas
Amighiño, creo que non pillaches a sorna do meu comentario.

O que tiña que ter feito o BNG era posicionarse en contra do AVE -como parecía que fcía ó principio ata que mudou de chaqueta e uniuse ás forzas oscuras proAVE- e a favor do tren de cercanías.

Aburiño
Para Miguez
Sábado 26 de Febreiro de 2011 ás 21:23 horas
Tal como apuntas foi o BNG a única forza a quen lle interesou modificar o Proxecto do AVE, cando era iso, un Proxecto do PP. Houbo Actos Informativos e xuntanzas con coleitivos. Como sempre o BNG á vangarda, outros prefiren actuar de francotiradores.
Miguez
Venres 25 de Febreiro de 2011 ás 17:28 horas
Menos mal que nos queda Portugal...
Menos mal que nos libramos de Carlos Pazos (aínda que os seus sustitutos poidan ser peores...)

O BNG de Redondela fixo unha chea, centos de charlas, millóns de asembleas explicando as consecuencias do ave no noso municipio. Informaron unha chea, eles defensores da luz e o taquígrafo. Uf, esta é a consecuencia do cultismo con que foi levado todo o tema do AVE en toda Galiza. Mexan por nos e despois din que chove.

P.D: e neste caso os que mexan son os do BNG (todos, líderes e militantes consentidores do ocultismo e da falsedade).
Víctor Manuel Fuentes Viaño
Venres 25 de Febreiro de 2011 ás 14:39 horas
O Sr. Pazos, importalle un pito. Sabe perfectamente e antes de que se inicien as obras os problemas que acarrexa este tipo de construccións faraónicas, como sabemos e é un dos nosos motivos de oposición dos movementos veciñais, contrarios a construcción das autovías, AVE, etc. e sae o Sr. Pazos na prensa manifestando a súa preocupación polo futuro da Ría , cando o tunel xa está chegando a Vigo, e por riba seguen estos do BNG estando a favor da Autovía A-59, como se a autovía non fora afectar igualmente as concas fluviais que está afectando o AVE. Salvamonos dunha cementeira, grazas a tenaz loita da Plataforma Pola Defensa de San Simón, mentres esta xente ruín, blinda o concello a participación veciñal, a trasparencia total das súas xestións, incluso os que manifestan nos periodos electorais que son democráticos e que representan aos veciños, impiden e opoñense a debater nos plenos as iniciativas reivindicativas dos veciños. Son uns consentidores e nin teñen a vergoña de escudarse na súa incompetencia, din que son os mellores para gobernarnos, e xestionar o público, pero logo non lle tembla o pulso en desresponsabilizarse na prensa e en privatizar calquer servizo, incluso pretenden privatizar augas de Galiza, escudandose na Lei de Augas. Así as empresa privadas poderan contaminar a súa convenencia e eles cobrar as súas adicacións exclusivas lavandose as mans. Para que os votamos, cando temos que botalos!!!
Arturo
Xoves 24 de Febreiro de 2011 ás 17:02 horas
Sonche cousas do "progreso" . De seguro que no proxecto contemplábanse milleiros e milleiros de balsas de decantación perfectamente construídas, e sen vertedura algunha.
Era todo tan bonito...
noe
Xoves 24 de Febreiro de 2011 ás 16:06 horas
carlos pazos non se enterra le mean y el dice que llueve
[1-6]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: