www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 16 de Setembro de 2019

O perigo de ser peón na N-555
Sociedade • 25/02/2011
Autor: Ana Prieto

Os veciños da estrada que une Redondela co aeroporto de Peinador levan anos denunciando a situación de inseguridade viaria que padecen. O elevado volume de tráfico, con moitos camións, e a falta de beirarrúas, fai que desprazarse a pé por ela sexa "un verdadeiro perigo", sobre todo en zonas moi estreitas, como na Rabadeira. A Concellaría de Tráfico asegura que existe un compromiso do Ministerio para construír beirarrúas na N-555, e os veciños agardan que esta promesa se traduza "en feitos".

 


Calquera que camiñe a pé uns metros pola estrada N-555, que une Redondela co aeroporto de Peinador, pode experimentar en primeira persoa o perigoso que resulta. Trátase dunha estrada cun elevado volume de tráfico, entre o que destaca a presenza de camións de gran tonelaxe, sobre todo desde o inicio das obras dos túneles do AVE. Como problema engadido en moitos tramos é moi estreita, con cambios de rasante e curvas. E o máis perigoso, sen beirarrúas para que os peóns poidan transitar por ela. En moitos tramos nin sequera hai espazo suficiente entre a superficie rodada que ocupan os vehículos e os muros que limitan a estrada para que pase un peón. Un problema que sofren desde hai décadas os veciños, sobre todo no tramo que atravesa a parroquia de Cedeira. Pero tamén no tramo que pertencen aínda ó casco urbano, na Rabadeira (Vilavella), onde existe unha curva moi perigosa e estreita. Alí "nin sequera poden pasar dous camións á vez" como denuncia Ramiro, un dos veciños afectados. Os residentes da zona entenden que a solución a este problema é complicada, xa que non hai espazo onde facer as beirarrúas, polo que habería que retranquear algúns muros. Con todo, insisten en que é unha cuestión de vontade política. Veciños como Ana e Ángel, un matrimonio da zona, denuncian que xa foron moitas as promesas de que se melloraría a estrada, e lamentan que "ninguén fai nada". Unha das veciñas afectadas, Pilar, explica que para ela supón "un risco constante" ter que desprazarse a pé ó centro de Redondela, a escasos metros da súa vivenda, polo perigo que supón o tráfico. Igual que o resto de residentes na zona, demanda unha solución, e mesmo se ofrece a ceder uns metros dunha leira que posúe na beira da estrada para que se habilite para o paso de peóns.


A resposta por parte da Concellería de Tráfico é que xa existe un compromiso do Ministerio de Fomento para construír beirarrúas na N-555. Unha medida incluída no estudo de mellora do trazado da estrada. Agora os veciños agardan que o compromiso se cumpra.


 

Comentarios
oscar benavides
Domingo 27 de Febreiro de 2011 ás 20:29 horas
Bergoñante catorce mil millons de euros dilapidados en beirarrúas e a N-555 sin elas, o que obriga a veciñanza que non quere deixar a pel no chapapote a usar servicio de taxis sobor de todo polas noites para ir a suas vivendas, se engadimos o manto de po que cada maña teñen os coches dos veciños, dende que escomenzarón as obras do Ave na zona, as cales deixarón os veciños sen gran numero de manantiais, e cubren o rio maceiras cada maña dun leite branco. ¿Que mais ten que pasar para que alguen vote man e solucione estes graves problemas da veciñanza? ¡ movilización xa!
fuente de albariño
Sábado 26 de Febreiro de 2011 ás 16:20 horas
esta farola que gastaron tanto dinero no saben donde ponerla yo tengo un sitio donde quedaria bien rotonda de villavieja para cuando vengan los vecinos a pie desde la N555que puedan echar grolo pero que no eche la fuente agua que echen viño albariño
noe covelo vecinos N-555
Sábado 26 de Febreiro de 2011 ás 16:14 horas
non sabedes que quien fue el armandansas que empeso con solicitud de aceras en la N555 fue noe covelo un vecino de que vive en dicha nacional que empeso a hacer manifestaciones a manda nota de prensa
Miguez
Venres 25 de Febreiro de 2011 ás 17:31 horas
Coma case sempre, o pobo humilde e traballador adiántouse os políticos (aburguesados) que como eles din, non teñen capacidade para facer nada ó respecto.

Si, seño, teñen toda a razón do mundo, non teñen nin a máis mínima "capacidade".

Revolta irmandiña, xa.
Camilo
Venres 25 de Febreiro de 2011 ás 14:45 horas
Os veciños de Cedeira terán a súa recompensa ao peregrinar cara o casco urbán de Redondela, ao chegar á praza da Farola, ao poder beber na fonte faraónica a súas augas milagreiras.
[1-5]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: