www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 11 de Decembro de 2019

Tres mozos de Redondela detidos por conducir ebrios
Sucesos • 28/02/2011
Autor: M. X. Queimaliños

Alcol, fin de semana e mozos ao volante, esas son as tres coincidencias que volvemos atopar nas detencións realizadas pola policía local na xornada de onte. Tres detencións que se producían nun curto espazo de tempo, entre as oito e as oito e media da mañá do domingo.


Concretamente un dos arrestos producíase ás 8:05 nun control na rúa Ernestina Otero. Os axentes déronlle o alto a un Audi A3 que circulaba a excesiva velocidade pola céntrica rúa, a pesar do cal o condutor fixo caso omiso e seguiu a marcha ata ser interceptado minutos despois no Paseo da Xunqueira. O mozo, de 24 anos de idade, deu 0'90 no control de alcoholemia, triplicando a taxa permitida ao volante. Ä mesma hora era detido tamén outro mozo de 28 anos de idade, quen ádemas de presentar unha elevada taxa de alcól en sangue carecía de permiso de conducir.


Media hora despois producíase a terceira das detencións. Neste caso o protagonistas era un mozo de 21 anos de idade quen foi interceptado nas inmediacións da Discoteca La Fábrica, triplicando tamén a taxa permitida.

Comentarios
Arturo
Luns 28 de Febreiro de 2011 ás 16:18 horas
Aproveitando a situación, podían telos tirado ao río, para despexar. ;)
Camilo
Luns 28 de Febreiro de 2011 ás 14:28 horas
Noraboa e grazas a Policía Local! Non nos damos conta do que puideron ou poden ter feito estes tres alcoholicos senón lle paran os pes. Precisamos campañas de concienciación, precisamos cambiar os valores, non se está facendo moito, é triste que en xeral se consinta e se mire para outro lado.
[1-2]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: