www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 16 de Setembro de 2019

A SAR non levanta cabeza e o Chapela aséntase na segunda praza da categoría
Deporte • 28/02/2011
Autor: M. X. Queimaliños

Camiños afastados os que seguen Sar e Chapela. Mentres os primeiros non levantan cabeza e esta fin de semana volvían sufrir unha derrota no campo de O Porriño, o empate entre Paraxe e Magope a 28 goles, permite aos de Chapela seguir a soñar co ascenso.


Reparto de puntos en Chapela nun encontro disputado entre o Paraxe o o Magope. OA pesar do igualado do partido, o empate a 28 goles non é un mal resultado para os de Chapela, xa que as derrotas de Calvo Xiria e Lalín, permiten ao equipo de Fran Teixeira manterse nos postos de ascenso. Son segundos da categoría e na vindeira xornada teñen unha cita a priori accesible, xa que aínda que xogan fora da casa, o seu rival será o decimosegundo clasificado, o Cafes Toscaf.


Peor lle van as cousas aos xogadores da SAR. O equipo volvía caer derrotado, neste caso nun partido disputado fora da casa contra o Porriño.


Os anfitrións puñan fin a unha racha de oito xornadas sen gañar e facíao a costa da Sar que non foron quen de remontar un partido que dende o primeiro momento se lles puxo en contra aos de Redondela. O resultado final foi de 32 tantos a 28.


A SAR conta tan só con 8 puntos no seu haber, son decimoterceiros e na vindeira semana reciben na bomboneira ao pechacandelas, o Base Oviedo.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: