www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 11 de Decembro de 2019

Once parroquias contarán co servizo de ludoteca itinerante durante catro meses
Sociedade • 28/02/2011
Autor: M. X. Queimaliños

O servizo que organiza a Concellería de Servizos Sociais e igualdade, promove a conciliación da vida laboral e familiar ao ofertar un espazo lúdico alternativo para rapaces de entre 4 e doce anos de idade.


A ludoteca itinerante arrancaba o pasado 21 de febreiro e prolongarase por espazo de catro meses nun total de once parroquias do municipio. Centros culturais e asociacións veciñais albergarán este servizo que ten como obxectivos por unha banda, favorecer a conciliación da vida persoal e familiar das nais e dos pais e pro outra propiciar unha colaboración a nivel comunitario entre asociacións veciñais, asociacións culturais e colexios. Uns colectivos que como axentes coñecedores das necesidades de cada parroquia ofrecen así o seu apoio e colaboración para que os nenos e as nenas dispoñan dun espazo lúdico alternativo.


A responsable da ludoteca, Mónica Cabaleiro explicábamos a boa acollida do servizo que cada ano conta cunha media de douscentos participantes.


Na ludoteca os rapaces, de entre 4 e doce anos desenvolven actividades variadas, que van dende saídas e excursións que lles permiten entrar en contacto co medio ambiente, obradoiros de cociña saudable para que practiquen e elaboren pratos onde froita e verduras estean presentes e, como novidade este ano, cursos de baile moderno e artes marciais.


Para poder participar nas actividades da Ludoteca, as persoas interesadas deberán inscribir á nena ou ao neno directamente na sede da Asociación ou Centro cultural no que se desenvolva.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: