www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

O PP critica as "reiteradas negativas" de Eduardo Reguera a comparecer ante o pleno
Institucional • 28/02/2011
Autor: M. X. Queimaliños

O candidato popular Javier Bas critica ao seu rival Eduardo Reguera por negarse "unha e outra vez" a explicar o seu traballo ante a corporación a pesar das reiteradas comparecencias solicitas por parte da oposición.


A última negativa, tal e como subliñan os populares, producíase no pleno ordinario do pasado 23 de febreiro. O PP presentou ata un total de cinco solicitudes de comparecencia, catro das cales afectaban a Reguera como edil de Cultura pero tamén como responsable do departamento de Patrimonio e Facenda. Así entre outras cuestións, os populares solicitaban que o concelleiro socialista dera explicacións sobre a situación actual das obras do novo auditorio e sobre cal é o futuro inmediato de dito proxecto. Tamén se lle reclamarán explicacións sobre a fonte piramidal que estaba previsto instalar na praza de Ribadavia e para cuxa adquisición se tiña destinado unha partida de 54.000 euros pese ao cal o goberno local decidiu dar marcha atrás e renunciar ao proxecto.


Dende o PSOE, o seu voceiro, Emilio González Iglesias, solicitaba que ambos os dous asuntos quedaran sobre a mesa por entender que debía ser o propio alcalde, Xaime Rei - ausente da sesión- quen dera explicacións "por telos xestionado directamente".


Unha petición que os populares rexeitaban, argumentando que ambos os dous asuntos son responsabilidade de Reguera e que por tanto debería ser este edil quen ofrecera explicacións ao cidadáns. O popular Alberto Pazos, criticaba que "Reguera se agochase baixo as saias do voceiro socialista", aínda que a continuación pedía desculpas logo da chamada de atención do alcalde en funcións, Carlos Pazos.


Finalmente ditas comparecencias non se producían ao votar en contra PSOE e BNG algo que dende o PP cualifican de "inaceptable" por negárselles aos cidadáns "dentro do órgano de máxima representación municipal información acerca de asuntos que lle repercuten directamente".

Comentarios
Carmela
Xoves 3 de Marzo de 2011 ás 23:45 horas
R. Balado, ti que te cres que somos tontas? Que carallo dis d eprogramas, pero que credibilidade teñen os programas, acaso o PSOE cumpre os programas. queres que fagamos un repaso dos programas do PSOE que prenden nos homes e mulleres? Pero que tipo de clases pode dar o PSOE de programas se os incumple? Que clases de preder nos homes e nas mulleres se perderon 1500 votos no 2007 en relación co 2003, e a pesar dos "programas" ? Esta ben que fagades o parvo, pero unha xa está farta de que nos tomedes por parvas!!!
R. Balado
Mércores 2 de Marzo de 2011 ás 16:56 horas
É ben triste constatar que, diante da falta de proxecto, de ser quen de artellar un programa político que consiga prender entre as mulleres e os homes de Redondela, qie no canto de centrar as intervencións na defensa dos programas e das propostas, traten de desviar a atención da súa baleireza programática con críticas persoais que amosan as claras uns xeitos de facer política cada día máis alonxados dos cidadáns da vila e do xogo democrático: en política o verdadeiro valor ten que descansar sobre as praxes, sobre o proxectos e nunca sobre as persoas. Outra forma de facer política é posible.
Carmela
Martes 1 de Marzo de 2011 ás 00:18 horas
Teño que decir a favor do PP que non dixo Indignación que o PP leva tempo pedindo a comparecencia de distintos membros o goberno municipal, entre eles Reguera e tamén algunha do BNG. O que se resiste e Reguera, e snón ten nada que esconder, é bo que canto antes, non polo PP senón pola democrácia e polo pobo ao que representa que de a cara e se exprese no pleno, independentemente do grupo da oposición que o solicite. Ademáis co cúmulo de adicacións record que acumula Reguera, non é de extranar que sexa un dos que máis ten que comparecer.
D Redondela
Luns 28 de Febreiro de 2011 ás 21:34 horas
¿k os do PP keren tumbar a ese home?...¿A persoa k nos representa polo PSOE,non responde as preguntas?....tou alucinando....para min Javier fai o k ten k facer,e da a cara na rua e na prensa e Reguera escóndese ou o esconden,non sei.Pois mal miro a Reguera como siga asi.Xa estamos fartos de oir cousas k nunca se cumpren,e Reguera sigue predicando co mesmo.Unha pena.
INDIGNACION
Luns 28 de Febreiro de 2011 ás 16:37 horas
A Arturo dígolle que o que pide a comparecencia é o PP non Xavier Bas que polo de agora non está no concello e non o pode facer. E para o que me contesta que somentes piden a comparecencia de Reguera non é por nada persoal nin por medo será pq é concelleiro de Tráfico, cultura, Protección Civil, Facenda, Patrimonio... Tóquese o tema que se toque terán que pedir a comparecencia de Reguera ou ¿somentes figura o seu nome pero non sabe de nada? Iso debe ser por iso non se atreve a contestar de ningún dos temas relacionados coas suas concellerías.
Arturo
Luns 28 de Febreiro de 2011 ás 16:16 horas
Oñó!, e quen é Javier Bas para solicitar unha comparecencia? Xa está no Concello? Ou quererá que Reguera compareza na oficina da súa caixa? Ónde estabas ata o de agora?
Menudos elementos, meu Deus!!!
Para Indignación
Luns 28 de Febreiro de 2011 ás 16:03 horas
e non te parece máis cómico que a oposición do PP so busque tumbar a este home?Porque mira que non haberá cousas na alcaldía ou calquera concellería.Pois non so neste home,estes do PP deben andar con medo
INDIGNACION
Luns 28 de Febreiro de 2011 ás 13:54 horas
O deste concello xa é inaceptable. Agora nin sequera dan explicacións do seu traballo ¿será que non o fan?. O único que sabemos deles é que están a cobrar un soldo (tan ansiado nesta época) pero do seu traballo nada. E o BNG cómplice desta estratexia de ocultar a Reguera para que o pobo non se de conta que é, e seguirá sendo, un títere sen personalidade nin capacidade para gobernar nin a súa casa.
Penso que todos sabemos que move os fios deste títere.
[1-8]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: