www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 11 de Decembro de 2019

Parvadas e parodias no Multiusos de Chapela
Cultura • 1/03/2011
Autor: M. X. Queimaliños

O entroido deixa en Chapela dúas citas reseñables. O sábado 5 un participativo festival onde non flatará a música, as parodias e como non os disfraces. Sete días máis tarde a despedida oficial das festas será coa tradicional queima do berete.


A asociación Coral O Piñeiral e a agrupación La Comparsita organizan o vindeiro sábado día 5 un festival de Entroido baixo o título "Parvadas e parodias" que se desenvolverá no Multiusos do Piñeiral do Crego a partir das 20:30 horas.


Haberá diferentes actividades nunha tarde de festa con comparsas e charangas de Entroido, murgas, espectáculos de play back, contadores de chistes, figuracións de personaxes famosos e música escenificada. Actividades abertas todas elas á participación dos veciños que queiran demostrar o seu enxeño en calquera disciplina e que se inscriban previamente no número 986 454226. Unha xornada de festa que rematará cunha actuación da Coral quen ofrecerá un repertorio típico do Entroido segundo nos explicaba unha das súas voces, Anxeles Babarro


Unha festa nunha parroquia que vive de xeito especial o Entroido, que chegará ao seu remate na fin de semana seguinte coa tradicional queima do berete na praia de Arealonga.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: