www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 11 de Decembro de 2019

Novo precintado na cementeira de Vilar
Institucional • 2/03/2011
Autor: M. X. Queimaliños

Axentes da policía local procederon na mañá de hoxe a precintar novamente varias das instalacións que a empresa Hormigones Vigo ten na parroquia de Vilar de Infesta. Unha medida que se ten demostrado pouco eficiente xa que días despois de cada intervención policial a empresa retira o precinto e retoma a actividade con normalidade.


A Policía Local de Redondela acudiu na mañá de hoxe e por décima vez nos últimos dous anos a precintar por orden da alcaldía parte da fábrica de formigóns de Vilar de infesta. O precinto de diferentes elementos da empresa ten sido reiterado por parte dos axentes da policía, pero a medida ten pouco efecto xa que os propietarios de Hormigones Vigo retiran os precintos e continúan coa actividade.


En concreto trátase do reprecintado de tres instalacións: unha mesturadora de formigón, un taller de 93 metros cadrados e unha edificación para a instalación de equipos cunha superficie de 89 metros cadrados, cuxas licencias están en fase de tramitación.


O último precinto das instalacións foi en xaneiro deste mesmo ano, pero os propietarios da empresa retiráronos para continuar coa actividade, actitude que podería ser constitutiva de delito.

Comentarios
alfredo
Xoves 3 de Marzo de 2011 ás 11:23 horas
Carlos Pazos non acepta denuncias de oficio por parte de quen ten que facelas. E dille que o que ten que facer é mirar as que el lle manda, e non outras. Vividor e mantido!
Power
Xoves 3 de Marzo de 2011 ás 10:18 horas
¡Isto é u cachondeo ! A ver si o Carlos Pazos é capaz de poñerlle a estes multas coercitivas mensuais, coma fixo con tantos e tantos veciños por temas tan graves coma non manter limpa unha finca. A eses puxeronnlles multas de 1500 euros, aos de formigons poñenlle precintos. ¡Isto xa cheira, e non a rosas !
Xosé Crespo
Mércores 2 de Marzo de 2011 ás 20:14 horas
La empresa ya no se llama "Hormigones Vigo" sino "Grupo JCA Hormigones" y no rompen los precintos días después sino minutos después, dejando como mucho sin romper uno de ellos tres o cuatro horas.
hormigones xaime rey
Mércores 2 de Marzo de 2011 ás 16:21 horas
ahora van a cambiar nombre hormigones vigo hormigones xaime rey con el lema nuestro interes es el cemento
[1-4]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: