www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

Unha exposición fotográfica homenaxea ás mulleres en Soutomaior
Cultura • 2/03/2011
Autor: M. X. Queimaliños

O BNG de Soutomaior organiza a mostra "Fotos de muller, mulleres de foto" que se poderá visitar na Alameda de Taloría entre o 4 e o 9 de Marzo. A presentación será o xoves 3 na Casa da Cultura de Arcade ás 20:30 horas.


As imaxes recollidas na exposición pretenden reflectir unha escolma da actividade das mulleres nos distintos eidos dende principios do século XX; épocas duras nas que o día a día implicaba o coidado da casa, a atención do home e dos fillos, mirar polos vellos, sacar o gando aínda que fora domingo, ou incluso cargar na cabeza dende Redondela o cadaleito para o defunto que agardaba na casa.


O BNG de Soutomaior pretende facer con esta exposición unha merecida homenaxe á Muller co fin de valorar como merece a súa función social, laboral, profesional e familiar dentro dunha sociedade que aínda hoxe non a recoñece en toda a súa extensión.


Na presentación, o xoves 3 de marzo ás 20:30 na Casa da Cultura de Arcade, intervirá o candidato á alcaldía a Fernando Herrero, a escritora Marta Dacosta, a interprete de arpa Lorena Reinaldo, a deputada Ana Pontón e a integrante das listas ao Concello de Soutomaior Carmen Dopazo.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: