www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

A empresa de formigóns de Vilar retoma a actividade horas despois de ser precintada
Sociedade • 3/03/2011
Autor: M. X. Queimaliños

As cintas colocadas polos axentes da policía a media mañá de onte foron retiradas pola tarde, segundo confirmou o denunciante José Manuel Crespo. Unha información ratificada pola policía local, quen ten constancia de que xa a media tarde os elementos precintados estaban a traballar con normalidade.


A cinta transportadora, a amasadora e a trituradora para a reciclaxe do formigón, os tres elementos da empresa de formigóns JCA Hormigones de Vilar que foron precintados na mañá de onte estaban a traballar con normalidade pola tarde.


Tal e como acontecera nas nove ocasións anteriores nas que estes elementos foran precintados por orde da alcaldía de Redondela por carecer de licencia de apertura e actividade, responsables da empresa procederon a retirar a cinta as sete da tarde para continuar co traballo obviando a actuación policial.


Unha situación que está xa a ser investigada polo xulgado de instrucción número 2 de Redondela xa que podería ser constitutiva de delito.

Comentarios
wxgaray2
Xoves 3 de Marzo de 2011 ás 23:24 horas
Estou canso das declaracións paiasas do Sr. Alcalde. Hoxe di que "non van ir ca metralleta". Cando atropellaron ao mozo diante da fabrica, que non iban a poñer un policia en cada bar. Xaime Rey, por favor vaise sne facer ruido. As súas declaracións dan noxo, e son unha chamada ao "borreguismo". Pero Vde. a quen se pensa que goberna? Se o Concello quixera esta cementeira estaría pechada, pero non teñen o que tiveron para pechar os locais da rúa prata. Non teñen o que teñen cando censuran a participación cidadá nos plenos non teñen o que teñen cando limitan o acceso aos plenos aos veciños, ou cando enchufan a un familiar ou a un membro don partido no concello, etc. MEXAN POR NOS!!!!!
ALFREDO
Xoves 3 de Marzo de 2011 ás 11:27 horas
E a Hormigones J y C que máis lle da a tontería de multa que lle poida impor o concello? Eles están a facer as américas traballando para o AVE (obra pública, por deus, levada a cabo por unha empresa que comete delito tras delito!!!), e a contía das multas é migalla de pan comparada coa cantidade de millóns de euros que están a cobrar só por facer o formigón para os tuneis do AVE. Se falara esta e outras empresas da cantidade de diñeiro que reciben TODOS, TODIÑOS TODOS, os partidos políticos!
[1-2]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: