www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

A destrucción de emprego continúa na comarca
Sociedade • 3/03/2011
Autor: M. X. Queimaliños

40 novas persoas anotáronse no último mes nas listas do INEM na comarca, que suman xa un total de 4.205 desempregados. O peor comportamento na evolución do emprego atopámolo unha vez máis en Redondela onde foron un total de 26 as persoas que perderon o seu traballo en febreiro ascendendo o total a 2.747 parados segundos os datos da Consellería de Emprego.


Os concellos de Soutomaior (809), Fornelos (253) e Pazos (396) experimentan un lixeiro cambio, sumando entre os tres 14 novos desempregados. Os datos poderían entenderse con todo comparativamente mellores que os de xaneiro, xa que nese mes foron 72 as persoas que se foron ao paro só en Redondela, fronte aos 26 que quedaron nesa situación nas últimas catro semanas.


Hai que suliñar ademais que o sector industrial, un dos máis castigados pola crise xunto cos servizos na comarca, poderían experimentar un novo revés logo de que a empresa Umbro, firma téxtil especializada en equipamento deportivo e afincada en Redondela, teña presentado un expediente de regulación de emprego de extinción para 8 dos 28 traballadores que integran actualmente o cadro de persoal da empresa. O axuste, xustificado por motivos económicos e de producción, atópase en fase de consultas.

Comentarios
R. Balado
Sábado 5 de Marzo de 2011 ás 15:48 horas
Activar as políticas de emprego no Concello de Redondela, velaí o grande reto. Realmente as políticas de emprego en Redondela son, se somos xenerosos, insuficientes por non dicir nulas. Nós, a FPG, cremos que este aspecto é un dos que máis teríamos que cambiar no noso concello nas vindeiras eleccións. E noutra orde de cousas, en falando de urbanismo, a FPG sempre vai ser valedora dun plan urbanístico para Redondela no que as asociacións e os veciños de Redondela sexan o eixo vertebrador, levándo as asembleas ás parroquias, aos Consellos Parroquiais onde os haba, para abordalo dun xeito consensuado coas asociacións e os veciños dunha forma participativa e asemblearia. Ese é un dos compromisos que xa está a afrontar a FPG e que afrontará dentro ou fóra do concello:
trabajamos para usted
Venres 4 de Marzo de 2011 ás 21:16 horas
ciudadano-cliente
as como los carteles de ministerio de fomento que pone trabajamos para usted y solo trabajan para su bolsillo
ciudadano-cliente
Venres 4 de Marzo de 2011 ás 19:18 horas
Esto gracias al plan urbanístico de este gran ayuntamiento que atrae a las nuevas empresas para que se instalen aquí
Pero estamos trabajando en ello y escuchamos vuestras opiniones e ideas, son muy importantes.
Seguiremos estudiando y trabajando en ello durante 30 años más
mucho camandula en la oficina de empleo
Xoves 3 de Marzo de 2011 ás 15:48 horas
a destruccion de empleo es porque en la oficina de empleo esta paco afiliado del psoe y le dan empleo solo a su amigo y afiliados del partido
[1-4]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: