www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 16 de Setembro de 2019

Alberto Covelo lidera a candidatura da FPG en Redondela
Sociedade • 3/03/2011
Autor: M. X. Queimaliños

Á espera de elaborar a lista que a Fronte Popular Galega presentará ás eleccións municipais de maio, todo apunta a que o seu candidato será Alberto Covelo (Redondela, 1971). A FPG márcase como obxectivo acadar representación e entrar a formar parte da corporación municipal.

 


A candidatura promovida dende a FPG pretende aglutinar na súa lista a colectivos sociais e veciñais, motivo polo que están a realizar un traballo parroquial reuníndose con representantes de diferentes asociacións.


O seu candidato, Alberto Covelo entende que existe un elevado número de veciños que "non atopan a quen votar" entre os partidos que veñen presentando as súas candidaturas nos últimos anos, algo que quedou patente ao seu entender tanto pola elevada abstención nos últimos comicios municipais de hai catro anos como polo importante número de persoas que optaron polo voto nulo (1.539). Un nicho electoral que Covelo entende que podería ser ocupado pola FPG.


Traballador de Urbaser e sen experiencia política, aínda que si sindical como membro da Central Unitaria de Traballadores (CUT), Covelo amósase confiando en acadar representación "a pesar das dificultades de ser unha formación nova e sen recursos económicos". Entenden que unha agrupación como esta que se define "como galeguista, de esquerdas, feminista e ecoloxista" ten cabida no Concello de Redondela.


No ámbito municipal fan bandeira de temas como as infraestruturas posicionándose en contra de obras como a construción da A-59 ou a ampliación da AP-9 por "innecesarias".

Comentarios
Berto Covelo
Luns 21 de Marzo de 2011 ás 22:32 horas
Este venres 18 no Multiusos Piñeiral de Crego (Chapela), houbo unha asemblea informativa, sobre do desmantelamento do tren de cercanias, ( enmascarando dita atrocidade coa creación dunha social , ecolóxica e maravillosa Senda Verde)
Asistiu unha representación política dos partidos de Redondela cos seus candidatos a cabeza, tamén asistimos nos(FPG),aínda que fomos como viciños, e non nos presentamos doutro xeito, si mantivemos un debate bastante intenso. Non xa polas formas, senón porque non lles gustou o que lles dise-mos.

Dita asemblea, foi organizada pola A.V. de Chapela, e que os compañeiros de Salva o Tren, explicaron con datos e cunha gran presentación a todo o que quixo ouvir, o pouco ecolóxico e social que era levar a cabo un desmantelamento das vías. E como hoxe empezan por Chapela, xa que alí teñen a escusa da senda, pero o obxetivo e deixar a Galiza, sen tren de proximidade. Potenciando coma fan sempre o transporte por estrada, para logo xustificar a necesidade de autoestradas .

Os do PP marcharon os 5’. O PG posicionouse a favor da senda, pero dixo non entender por que levantaron as vías as 4 a maña.
Os do PSOE e BNG defenderon a senda verde e tamén o tren e tamén o transporte publico. Falaron dunha ficticia posibilidade de manter o servizo polas vías de mercancías .Algo que sendo unha chapuza, tampouco se contempla en ningún proxecto.
Vamos, para enmarcar na casilla da demagoxia.

A FPG, criticounos nese sentido e posicionouse claramente en contra do desmantelamento das vías, a favor sen tapuxos do tren de proximidade. A favor de cambiar os planes da Estación de Urzaiz e reclamar unha estación intermodal moderna e de progreso. O que para nos ten que ser o transporte metropolitano do futuro.

Nos imos a estar nesa loita, fomentemos o debate e socialicemos o problema.
esta \\\\\\\"era\\\\\\\" a nova máis lida
Sábado 19 de Marzo de 2011 ás 21:25 horas
Con 58 comentarios e infinidade de visitas, hoxe deixou de ser a nova máis lida. Quén a desbancou? Ninguén. Por algunha escura razón, non queren que sigamos falando deste tema.
Non á censura!!!!. Sigamos falando
Verónica
Venres 18 de Marzo de 2011 ás 21:51 horas
Para os que non pudemos ir onte á asemblea do FPG, hai algún acordo que salientar?
Teredes as vosas razóns para celebrar estas reunións nun pub, pero eu creo que daría un toque de "seriedade" facelo no multiusos, na casa da cultura, na casa da Torre, nalgún centro cultural... é unha opinión particular.
Xa vexo
Xoves 17 de Marzo de 2011 ás 15:54 horas
o abertos que estades a escoitar a opinión dos demáis. Para a súa información formo parte do nicho de votantes ós que supostamente está dirixida a FPG e como veciña que “non sei a quen votar” porque coñezo o que hai e non me gusta, limitéime a facer o que considero unha crítica constructiva. Tamén me gustaría comentarlle que se non dixen nada ata agora foi precisamente por non pecar de exceso de esixencia e xa que lle interesa sí oín falar a Bastos, Xaime Rei e a Emilio e déronme noxo. Se o Señor Covelo é ou non líder político ten vostede razón, non o sei, pero xa que a súa participación parece ser tan activa considereino como tal. Para rematar, unha última reflexión: ¿Cambiar a uns ignorantes por outros vai mellorar a situación dos veciños?, ¿ou mellor eliximos nós á secretaria que según vostede é a que está máis preparada?
Maio
Xoves 17 de Marzo de 2011 ás 14:13 horas
Non é por nada, pero o Sr. Berto. Ten a educación que ten, a mínima e sufiente, a EXB. Pero mira non dixeches nada ata ode agora, ti escoitaches flar a Bastos, ou a Xaime ReyA, ou a Emilio, se cadra estes dous últimos os tes nun pedestal da educación, pero de cada 5 palabras que articulan 4 son insultos, no caso de Emilio, e 5 de cinco son tomaduras de pelo no caso de Rei. O alcalde ten secretaria, e Emilio, ... había que facerlle unha porba a tod@s e verías ti so que pasaban, seguro que o Sr. Covelo non era dos que peor quedaba.

Por outra banda creo que te excedes, e precipitas na calificación de lider político. Berto é un veciño máis, non ten ningún cargo representativo en ningún partido político, nen sequera está afiliado á FPG. O que pasa é que falamos de oidas, ou o que presupoñemos. Dende logo se Berto o máis parecido a lider é que ten moi boa valoración entre o seu vecindario, cousa que non poden decir verdadeiros lideres políticos. Informese por favor. E logo falamos
Non é por nada
Mércores 16 de Marzo de 2011 ás 21:50 horas
pero dame un pouquiño de vergoña ver as súas faltas de ortografía, Señor Covelo. Xa sei que na rede todo vale, pero penso que a un líder político se lle pode esixir un mínimo de educación. Xa non digo a carencia de acentos gráficos, pero polo menos debería saber que os verbos "dubidar" e "acabar" escríbense con "b".
Berto Covelo
Mércores 16 de Marzo de 2011 ás 18:47 horas
Este xoves día 17 estaremos no Pub o Conxuro mantendo unha asamblea informativa porsuposto aberta a quen queira participar.

Si alguén quere contactar pode facelo en fpgredondela@gmail.com para cando poñamos a funcionar o blog da candidatura, anunciareino aqui por si vos interesa.

Animarvos

Perdoade e as 21.15h. no PUB O CONXURO DO BAIXO rua Espiritu Santo 22 e si sera unha asamblea participativa no que lle presentaremos a quen asista a nosa idea de cara os comicios municipais.

Asemade, o venrres, as 19.30h., tamén estaremos no Multiusos de Chapela, nuha asamblea convocada pola , A.V. Chapela a cal asistiran os da Plataforma Salva o Tren para abordar o desmantelamento das vias en Chapela. Que é sen duvida o comezo do desmantelamento do tren de cercanias. Estan invitados tamén todolos partidos politicos, de redondela para que alí defendan a sua opinión. Si non o sabedes, anunciovos que todo esta maquillado cunha futura “senda verde”(caramelo), que tanto PP, PSOE e BNG se enorgullecen de defender.

Un saudo

PD. Nin que decir ten que todos estamos afectados, hoxe empezan por Chapela pero o tren de cercanias, acavano
Medulio
Mércores 16 de Marzo de 2011 ás 15:36 horas
Comezarei dicindo que o comentario asinado por Medulio inmediatamente anterior a este meu comentario non o redactei eu. A saber quen o redactou e con qué intencións. Pero o certo é que eu non o escribin. Berto, a que hora é esa xuntanza no conxuro?
É a cervexería que hai na rúa espírito santo?
Conxuro do baixo?
Moitas grazas e saúdos para tod@s
sera certo?
Mércores 16 de Marzo de 2011 ás 00:58 horas
Non sei se vai en serio, Berto. Unha asemblea informativa nun pub? nin a hora nin onde queda o tal Conxuro... Dubido da veracidade e da autoría desta mensaxe...
Berto Covelo
Martes 15 de Marzo de 2011 ás 23:23 horas
Un saudo a todos:

Este xoves día 17 estaremos no Pub o Conxuro mantendo unha asamblea informativa porsuposto aberta a quen queira participar.


Si alguén quere contactar pode facelo en fpgredondela@gmail.com para cando poñamos a funcionar o blog da candidatura, anunciareino aqui por si vos interesa.

Animarvos


ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: