www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 16 de Setembro de 2019

O BNG alerta no parlamento das consecuencias dos reiterados vertidos do AVE ao Maceiras
Institucional • 4/03/2011
Autor: M. X. Queimaliños

Os deputados do BNG, Henrique Viéitez, Carme Adán e Isabel Montenegro denuncian na cámara galega as "insuficientes medidas correctoras" adoptadas nas obras do AVE en Redondela e que están a provocar reiterados vertidos ao río Maceiras e Alvedosa. Alertan das "graves consecuencias que poden ocasionar nos recursos hidrolóxicos".


Os deputados do BNG rexistraron unha iniciativa parlamentaria na que alertan das posibles consecuencias que se poden derivar nos recursos hidrolóxicos por mor dos vertidos ao río Maceiras das obras do Ave ao seu paso entre Redondela e Vigo.


Os nacionalistas consideran que as medidas correctoras son "insuficientes" ou non se cumpren porque os vertidos volven incidir nos cursos fluviais e as balsas de decantación parece que non son "adecuadas" xa que continúa o arrastre ao río Maceiras e ao Alvedosa de elementos perniciosos que afectan tamén a ría e a enseada de San Simón.


Os deputados preguntarán na cámara galega polas causas destes vertidos, as consecuencias que deles se deriven e a lonxitude de afección do río, así como polas previsións do Goberno galego para cumprir a Declaración de impacto ambiental.

Comentarios
A nova máis lida
Sábado 19 de Marzo de 2011 ás 21:13 horas
¿Onde vai a nova máis lida e comentada "Alberto Covelo lidera a candidatura da FPG en Redondela"?
Algunha das da lista actual pode considerarse máis lida ca esta?
A quén lle molestaba?
Parece mentira, volvemos á censura.
para miguez
Luns 7 de Marzo de 2011 ás 15:15 horas
Esa e a pregunta que nos facemos a militancia de esquerda unida. Onde estivemos na cementeira etc..., Pero o camiño faise andando. en canto o das probas me refiro o ruxe ruxe, de que as contratas do tunel de que algunha esta vinculada a pepe blanco por iso xaime rei non pode facer nada.
Miguez
Luns 7 de Marzo de 2011 ás 08:39 horas
Totalmente dacordo coa Plataforma Cidadá de Redondela e con Arturo.

Respecto ós que se adican a poñer siglas á xente que interven neste foro, se lles nota que son militantes de cadanseu partido e que lles escoce o que se dí.

Repecto a Oscar Benavides. Onde carallo estivo Esquerda Unida de Redondela ata agora e o que ten que facer non é pedir que lle manden información, teñen que movelo cu e ir buscar a información ou as evidencias. Están aí, na portiña da casa, só tes que collelas, facer un informe do que pasa e denuncialo. Así de fácil.

Súdiños,
Sen carné político
Domingo 6 de Marzo de 2011 ás 17:22 horas
Como se nota que estamos en precampaña electoral...!!! Calquera excusa é boa para falar de siglas. Se temos que aturar isto ata o 22 de maio.... ufffffffffff
oscar benavides
Domingo 6 de Marzo de 2011 ás 16:26 horas
De acordo coa plataforma, ninguen se preocupou do "atentado ecoloxico do val do maceiras" incluido nos que calamos cando nunca estivemos de acordo con este proxecto do AVE, que non contra o AVE!, por que este modelo sacrifica o tren de cercanias, por que din que é deficitario, e o AVE que cinco veces mais caro que vai ser? Non podemos permitir a destrucón do fermoso val do maceiras, do ecosistema do alvedosa e o maceiras ou da ensenada de San Simom, nin dos montes de pontevedra e redondela, non a calquer prezo! Por iso dende esquerda unida de redondela pregamos nos fagades chegar a documentación que teñades de estes atentados para facelos chegar o parlamento español eo europeo, Por que o territorio non entende de consignas politicas! e de todos
Arturo
Sábado 5 de Marzo de 2011 ás 17:33 horas
Por certo, en qué quedou o da comisión de seguemento das obras do AVE, que figura no acordo de goberno do 2008? E da reunión daquela co responsable técnco das obras e Carlos Pazos?
Arturo
Sábado 5 de Marzo de 2011 ás 17:31 horas
Ai, Alex, da “oposición” do BNG ao AVE, non mo expliques a mín, explícallo aos vecinos de Negros e Cedeira; eles han rir un cacho(se é que non se poñen de mala ost...) coa túa per-versión do que aconteceu.
Eu, precisamente, por maiorciño, teño un solo chip que me funciona, é un que me ven de moito atrás: é o chip antifascista, antidictatorial. Faime non crer nos gurús, nos deuses, e moito menos repetir karmas nen letanías. O Bng é un partido, agora mesmo esclerosado, coma ben dí o Beiras, que funciona de arriba a abaixo, coma os outros, e que está a perder a súa razón de ser: defender e reinvindicar as demandas do pobo (ollo, non da cidadanía, que se dí agora).
Deturpa e emponzoña o traballo feito por moita senté que loitou para que chegara a ónde está, e ata aquí podo ler.
Estarás de acordo ou non, pero é a miña opinión. E deixade de ser tan simples e etiquetar á xente, que xa pasei de proPP a pro FPG e agora antiBNG. Se vos sentides ben, ou se vos aplauden, seguide a facelo, a mín dame o mesmo (serán os anos ).
Alex
Sábado 5 de Marzo de 2011 ás 15:51 horas
Ai Arturo,non tes idea cando dis que o BNg aplaudiu coas orellas este destrozo. Hai anos, cando saiu o proxecto do AVE o BNG foi o único partido que convocou actos públicos para informar e avaliar as consecuencias que esta obra ia ter para Redondela.O resultado foi o que foi. O que pasa é que daquela moitos colectivos, asociacións etc miraron para outro lado, porque a materialización do proxecto iba para largo. A ver si cambias o chip anti BNG. que xa eres maiorciño.
Arturo
Sábado 5 de Marzo de 2011 ás 14:38 horas
Ostrás!!! Pasei de ser do PP a ser da FPG!!! Sen estacións intermedias???
Ah! Non, claro!!! É que as estacións van desaparecendo gracias ao tren veloz!!!
Arturiño FPG
Sábado 5 de Marzo de 2011 ás 10:19 horas
Ai Arturiño, canta razón tes , para que facer nada, que para o caso que nos fan. Mellor quedar na casiña poñendo comentarios que é como se fan as cousas e o pó xa o levará o vento, como pasa coas ideas dalgúns.

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: