www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 16 de Setembro de 2019

Os descontroulados de Beirán lévanse o premio á mellor comparsa
Cultura • 7/03/2011
Autor: M. X. Queimaliños

Os aviadores de Beirán coa súa comparsa "Os descontroulados" foron os merecedores do primeiro premio nun concurso de comparsas que se converteu no de maior participación dos últimos anos, cun total de 16 agrupacións. O segundo premio foi para As Marchosas de Arcade mentres que a Antártida 3011 de Matamá quedou en terceiro lugar.

 


Globos aerostáticos, avións e aviadores que conformaban a elaborada comparsa dos Descontroulados de Beirán foron os merecedores do primerio premio do concurso de comparsas que se celebrou durante a tarde de onte en Redondela. Milleiros de persoas ateigaron dende as cinco da tarde as rúas, prazas e a Alameda da vila para asistir ao desfile máis numerosos dos últimos anos cun total de 16 comparsas.


O segundo premio foi para As Marchosas de Arcade cunha alegoría ás catro estacións, mentres que os vencedores da pasada edición, os 88 integrantes da comparsa de Matamá tiveron nesta ocasión que conformarse co terceiro galardón en recoñecemento a súa visión do que será a Antártida no 3011.


As actividades propias do Entroido vivirán mañá a súa xornada de maior participación e que o propio concelleiro de cultura, Eduardo Reguera cualifica de "entroido máis desorganizado", coas tradicionais comidas e como non a queima do meco e os fogos de artificio. As rúas volverán estar pechadas ao tráfico a partir das 16:30 horas para deixar  que sexan os disfraces os que tomen o casco urbano. Haberá ademais verbena na praza de Ribadavia co grupo Hiroshima. E o meco que como saben este ano representa aos controladores aéreos será queimado nun espectáculo onde non faltarán os fogos de artificio.

Comentarios
Moucho Marx
Luns 21 de Marzo de 2011 ás 17:08 horas
Comentarios
Moucho Marx
Luns 21 de Marzo de 2011 ás 16:57 horas

ISTO XA PASA DE MARRÓN GLACÉ A CASTIÑEIRO NEGRO.

Que aínda non haxa máis dunha semana tivésemos paralizada a nosa actividade por mor do servidor podía pasar. Pareceunos normal. O servidor, instalado nas terras da Alemaña e acostumado por tanto á rixidez, é dicir, a non estar acostumado do riso de continuo, podía crear situacións como a pasada, pero que onte de mañá, cando íamos instalar un troll, dous gnomos e unha mona como a que había na alameda de Pontevedra hai anos na nosa querida páxina volvese saltar de novo as alarmas e non fósemos quen de contactar con ela xa nos chegou aos oeufs.
Postos en contacto coa oficina de prensa de radio Nacional negáronnos que tiveran que ver co asunto. Postos en contacto coa oficina de prensa do cortello de Redondela, dixéronnos tamén igual. Postos en contacto cos partidos que teñen moita sede na rúa Alfonso XII pasounos o mesmiño. Postos en contacto co partido que ten moita sede na praza da Constitución idem de lienzo. Finalmente, cansos de tanto preguntar, concluímos que se trataba dunha puta sabotaxe contra nós e o que significamos: unha voz discordante, iconoclasta, ruda e dura. Está claro que nesta Redondela de opereta chegamos a molestar, e moito. Non deixa de ser un éxito para algo que non chegou a durar tres meses.
O malo é que os censores non se decatan que, canto máis se esforzan máis nos obrigan, e que a cousa non pode quedar así, evidentemente.
Chamamos a todos a rebelármonos contra este sistema hipócrita e contra destes políticos hipócritas que pretenden tomarnos o pelo e que, por riba, calemos, aguantemos como se fósemos ovellas. Vai sendo hora de que a xente desta vila lles diga a todos que se vaian tomar…unhas copas e deixen as cousas serias para a xente seria, como nós mesmos.


A nova máis lida
Sábado 19 de Marzo de 2011 ás 21:18 horas
¿Onde vai a nova máis lida e comentada "Alberto Covelo lidera a candidatura da FPG en Redondela"?
Algunha das da lista actual pode considerarse máis lida ca esta?
A quén lle molestaba?
Parece mentira, volvemos á censura.
Arturo
Martes 8 de Marzo de 2011 ás 01:20 horas
O premio sería o de menos, o importante é a participación. Eu sólo digo que se non habería en todo o ano un tema máis importante para Redondela que a merda dos controladores, que ao 95% nin nos vai, nin nos ven. Gana o concurso: a rondalla dos controladores, o meco: os controladores, jod... que non terán pasado cousas.
Isto chámase : maniobra de distracción.
Que queimen aos farsantes
Luns 7 de Marzo de 2011 ás 14:12 horas
Que queimen aos farsantes do Concello, que tanto presumen de defender o galego na admistración pública, e con este meco dan unha mostra máis do farsantes que son, que nin se cortan en campaña. Tamén se din obreiros e socialistas .... ja, ja, ja

Arturo, temos que facer un Meco alternativo e un concurso alternativo no que sexa o pobo o que vote in situ ainda que o premio sexa cativo.
Arturo
Luns 7 de Marzo de 2011 ás 13:01 horas
Coma sempre, un fallo xusto, imparcial e baseado en argumentos sólidos.
[1-5]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: