www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 25 de Xuño de 2019

O Choco saca proveito da súa superioridade
Deporte • 14/03/2011
Autor: Ana Prieto

Partido serio o disputado polos redondeláns en Marín que unha vez máis demostraron que son máis efectivos fóra da casa. A superioridade numérica, pola expulsión do local Manuel no minuto 56, non foi desperdiciada polo Choco, que anotou os dous goles da vitoria que lle permiten manterse na metade da táboa


Preferente Autonómica


Marín 0-2 Choco


Os de Julio Álvarez seguen na boa liña e demostraron unha vez máis a súa eficacia lonxe de Santa Mariña. Na súa visita a Marín fixeron un serio partido, aproveitando as súas ocasións. No partido disputado onte en San Pedro tamén tivo protagonismo o árbitro, moi criticado polos locais tras a expulsión por dobre cartón amarela de Manuel. Era o minuto 56 e o Choco non deixou pasar a oportunidade de impoñerse grazas á superioridade numérica. E fíxoo grazas ós goles de Calo e Lojo, nos minutos 62 e 73 respectivamente. No caso de Lojo un tanto espectacular desde o medio do campo, logo de o xogador do Choco vise adiantado ó meta local. O triunfo serviulles para asentarse na metade da táboa. Son 10º, e o obxectivo da permanencia está xa máis preto. Na próxima xornada xogan en Santa Mariña co Verín, un dos equipos da parte alta da táboa.


Primeira Autonómica


Chapela 1-2 Mondariz


Os de Luis Ferreira baixan unha posición coa derrota, son 14º , o que os leva novamente a postos de descenso. A próxima xornada xogan nun campo complicado, o do Gondomar, 5º clasficiado.


Arcade 1-1 Caselas


O empate deixa ós de Jacobo Montes afundidos nos postos de descenso. O domingo xogan no campo dun dos seus rivais directos, o Castrelos, que desde a posición 17ª ten cada vez máis complicada a permanencia.


Terceira Autonómica


Cesantes 1-1 Santomé


Os redondeláns mantéñense na 6ª praza grazas ó empate. A próxima fin de semana xogan no campo do Bueu, equipo que os adianta unha posición na táboa.


Beluso 2-1 Soutomaior


O Soutomaior mantén a 8ª praza do grupo malia perder no campo do líder, o Beluso. A próxima fin de semana recibe na casa a un dos equipos da parte baixa da táboa, o Moaña B.


Arcade B descansou-Os de Soutomaior mantéñense na 10ª posición, e a próxima fin de semana xogan no campo do Salcedo.


Choco 3-3 Sampaio


Os redondeláns mantéñense no 4º posto da táboa logo do empate co Sampaio. Na próxima xornada xogan no campo do Santa Mariña, 10º do grupo.


Vilar 0-3 S.Salvador


O Vilar continúa nunha complicada situación, na parte baixa da táboa. A a próxima cita será na casa do Vincios, outro dos equipos que se afunden na clasificación.


Nespereira 5-1 Barciademera


O Nespereira escala dúas posición, ata a 9ª praza. O domingo xogará no campo do pechacancelas, o Oliveira.


Fútbol Sala-Autonómica Sur


Redondela 2-4 IES Coruxo


Os de Manoliño non son quen de superar a mala racha de resultados que atravesan e despois da derrota do sábado continúan afundidos na clasificación. Son penúltimos, e deixaron escapar ó IES Coruxo. O sábado xogarán contra outro dos seus rivais directos, o Opel Fimauto, tamén da parte baixa da táboa, aínda que dous postos por riba dos redondeláns e suman catro puntos máis no que vai de liga.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: