www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 25 de Xuño de 2019

Xuizo en Madrid para determinar a necesidade do estudo de impacto na ampliación da AP-9
Sociedade • 14/03/2011
Autor: M. X. Queimaliños

A Asociación de afectados pola ampliación da AP-9 acusan a Fomento e Audasa de "xogar sucio" por presentar nova documentación a tan só un día laboral de que se celebra a vista preliminar na Audiencia Nacional mañá martes día 15.


Medio cento de veciños de Chapela desprázanse a Madrid para asistir á vista xudicial contra o Ministerio de Medio Ambiente pola ampliación da AP-9. Os avogados da Asociación de afectados  presentarán na Audiencia Nacional a información da que dispoñen sobre a necesidade de que o proxecto de ampliación, promovido por fomento para a autoestrada, conte cun informe de impacto no que se avalíen as consecuencias que a obra tería para o medio ambiente. Un estudo no que fan fincapé no feito de que a autoestrada estea asentada en espazos de Rede natura e que polo tanto deberían contar cunha protección especial.


Critican que Audasa e a Ministerio de Fomento "non estean a xogar limpo" por presentar o pasado venres un documento rebatendo as teses da Asociación de afectados "sen practicamente tempo para que os avogados o estuden" segundo nos explicaba o presidente da Asociación Rafael Baltasar


Respecto dos pasos dados ata o de agora lembran que xa conseguiron, grazas ás 1.200 alegacións presentadas que se teñan en conta as súas demandas en relación ás afeccións de parcelas, servizos e a necesidade de incrementar as insonorizacións para que os veciños da autoestrada conten cunha adecuada protección acústica

Comentarios
Moucho Marx
Luns 21 de Marzo de 2011 ás 17:07 horas
Comentarios
Moucho Marx
Luns 21 de Marzo de 2011 ás 16:57 horas

ISTO XA PASA DE MARRÓN GLACÉ A CASTIÑEIRO NEGRO.

Que aínda non haxa máis dunha semana tivésemos paralizada a nosa actividade por mor do servidor podía pasar. Pareceunos normal. O servidor, instalado nas terras da Alemaña e acostumado por tanto á rixidez, é dicir, a non estar acostumado do riso de continuo, podía crear situacións como a pasada, pero que onte de mañá, cando íamos instalar un troll, dous gnomos e unha mona como a que había na alameda de Pontevedra hai anos na nosa querida páxina volvese saltar de novo as alarmas e non fósemos quen de contactar con ela xa nos chegou aos oeufs.
Postos en contacto coa oficina de prensa de radio Nacional negáronnos que tiveran que ver co asunto. Postos en contacto coa oficina de prensa do cortello de Redondela, dixéronnos tamén igual. Postos en contacto cos partidos que teñen moita sede na rúa Alfonso XII pasounos o mesmiño. Postos en contacto co partido que ten moita sede na praza da Constitución idem de lienzo. Finalmente, cansos de tanto preguntar, concluímos que se trataba dunha puta sabotaxe contra nós e o que significamos: unha voz discordante, iconoclasta, ruda e dura. Está claro que nesta Redondela de opereta chegamos a molestar, e moito. Non deixa de ser un éxito para algo que non chegou a durar tres meses.
O malo é que os censores non se decatan que, canto máis se esforzan máis nos obrigan, e que a cousa non pode quedar así, evidentemente.
Chamamos a todos a rebelármonos contra este sistema hipócrita e contra destes políticos hipócritas que pretenden tomarnos o pelo e que, por riba, calemos, aguantemos como se fósemos ovellas. Vai sendo hora de que a xente desta vila lles diga a todos que se vaian tomar…unhas copas e deixen as cousas serias para a xente seria, como nós mesmos.


A nova máis lida
Sábado 19 de Marzo de 2011 ás 21:11 horas
¿Onde vai a nova máis lida e comentada "Alberto Covelo lidera a candidatura da FPG en Redondela"?
Algunha das da lista actual pode considerarse máis lida ca esta?
A quén lle molestaba?
Parece mentira, volvemos á censura.
Miguez
Mércores 16 de Marzo de 2011 ás 08:25 horas
Non á ampriación da AP-9 nin á A.59¡¡


Verónica
Martes 15 de Marzo de 2011 ás 18:40 horas
Menuda sorpresa!!! cándo xogaron limpo os de Fomento e mais os nosos representantes polítcos?
É dunha incoherencia total: están empeñados en gastar tropecentos millóns de euros, que nos deixarán endebedados por moitos anos, nunhas obras innecesarias e logo nos prohiben ir a máis de 110km/hora por autoestradas, disque para "aforrar". Aforrar o qué?
Non sei o que opinades disto os demáis, pero o seu argumento é que os que estamos contra isto somos "tres". Xa vai sendo hora de que lles demostremos cantos usamos aínda o sentido común. Digámosllo ben alto e claro para que nos escoiten: Non á ampliación da AP-9 nin á A-59!!!!
[1-4]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: