www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 20 de Setembro de 2019

O PP demanda a reordenación do tráfico en Vilavella
Institucional • 15/03/2011
Autor: M. X. Queimaliños

O PP fai do tráfico un dos seus cabalos de batalla nestas semanas previas ás eleccións de maio. Logo de centrar as súas demandas na necesidade de que se incrementen o número de prazas de aparcamento propoñen agora a reordenación do tráfico no cruce do convento de Vilavella e a colocación de sinais para regular unha zona de estacionamento no cruce entre a Subida á estación e a N-550.


O candidato á alcaldía Javier Bas apunta que o cruce do convento é unha das zonas máis conflitivas debido a que os vehículos que entran e saen do núcleo urbano teñen que ceder o paso aos que soben e baixan pola estrada situada detrás do convento. Apuntan que sería máis lóxico que a prioridade neste cruce sexa para os vehículos que se dirixen cara o centro urbano ou que saen en dirección a Porriño e Vigo. Tamén propoñen a construción de máis beirarrúas e creación de novos pasos de peóns ben sinalizado e que garantan a seguridade para cruzar con tranquilidade.


Os populares constatan tamén a existencia de problemas na zona da Subida á estación, no cruce coa estrada nacional, onde hai unha parcela sen acondicionar que está sendo empregada por ducias de vehículos diariamente como aparcamento, e que non está nin sinalizado nin minimamente acondicionado para tal fin. A maiores, algúns destes vehículos ao saír acceden á estrada nacional circulando uns metros en dirección prohibida, facendo xiros tamén prohibidos, "e todo porque non existe sinalización algunha que impida estas manobras". Neste sentido, dende o PP solicitan o estudio deste problema "dándolle unha solución de inmediato polo ben e a seguridade de todos, colocando as sinais pertinentes para a correcta circulación".

Comentarios
víctor manué bi ano fuentes
Martes 29 de Marzo de 2011 ás 22:22 horas
se pensamos que as farturas son derivadas dos prepucios onomatopeicos que senten as chaladuras biunívocas dos elementos estructurais metamorfoseados con equidistancia plena á ferradura dunha mula, entón, e só entón, diremos: BASTOS! BASTOS TODOS!
Moucho Marx
Luns 21 de Marzo de 2011 ás 17:02 horas
Comentarios
Moucho Marx
Luns 21 de Marzo de 2011 ás 16:57 horas

ISTO XA PASA DE MARRÓN GLACÉ A CASTIÑEIRO NEGRO.

Que aínda non haxa máis dunha semana tivésemos paralizada a nosa actividade por mor do servidor podía pasar. Pareceunos normal. O servidor, instalado nas terras da Alemaña e acostumado por tanto á rixidez, é dicir, a non estar acostumado do riso de continuo, podía crear situacións como a pasada, pero que onte de mañá, cando íamos instalar un troll, dous gnomos e unha mona como a que había na alameda de Pontevedra hai anos na nosa querida páxina volvese saltar de novo as alarmas e non fósemos quen de contactar con ela xa nos chegou aos oeufs.
Postos en contacto coa oficina de prensa de radio Nacional negáronnos que tiveran que ver co asunto. Postos en contacto coa oficina de prensa do cortello de Redondela, dixéronnos tamén igual. Postos en contacto cos partidos que teñen moita sede na rúa Alfonso XII pasounos o mesmiño. Postos en contacto co partido que ten moita sede na praza da Constitución idem de lienzo. Finalmente, cansos de tanto preguntar, concluímos que se trataba dunha puta sabotaxe contra nós e o que significamos: unha voz discordante, iconoclasta, ruda e dura. Está claro que nesta Redondela de opereta chegamos a molestar, e moito. Non deixa de ser un éxito para algo que non chegou a durar tres meses.
O malo é que os censores non se decatan que, canto máis se esforzan máis nos obrigan, e que a cousa non pode quedar así, evidentemente.
Chamamos a todos a rebelármonos contra este sistema hipócrita e contra destes políticos hipócritas que pretenden tomarnos o pelo e que, por riba, calemos, aguantemos como se fósemos ovellas. Vai sendo hora de que a xente desta vila lles diga a todos que se vaian tomar…unhas copas e deixen as cousas serias para a xente seria, como nós mesmos.


Rubén
Luns 21 de Marzo de 2011 ás 15:51 horas
que pasou coa páxina de faloderedondela?
Nova máis lida
Sábado 19 de Marzo de 2011 ás 21:08 horas
¿Onde vai a nova máis lida e comentada "Alberto Covelo lidera a candidatura da FPG en Redondela"?
Algunha das da lista actual pode considerarse máis lida ca esta?
A quén lle molestaba?
Parece mentira, volvemos á censura.
Super Mario Bros
Xoves 17 de Marzo de 2011 ás 14:29 horas
Os lideres dos tres partidos políticos máis ruíns que temos en Redondela, apelan a unha suposta senda verde e á calidade de vida, como razoamento ao desmantalamento das vías en Chapela. A-59 non só se vai cargar unha senda verde como a Senda da Auga, senón que tamén vai afectar á Senda das Greas, e non só iso senón que vai a modificar PARA SEMPRE a paisaxe rural e a ruralidade do Concello de Redondela. Por outra banda estas malas persoas, que se din contrarias a ampliación da AP-9 por Chapela, amosasanse en contra dunha vía alternativa a AP-9, que deberan potencia para reducir a presión sobre a AP-9 e a ponte de Rande, que é o que desexamos os veciños de Chapela, ao que estes crápulas lexítimados nas urnas din representar.
Foro sobre enerxía nuclear
Xoves 17 de Marzo de 2011 ás 10:53 horas
Non vos parece un tema suficientemente grave o das centrais nucleares? Boto en falta un foro no cal poidamos debater sobre isto. Non podemos evitar os terremotos e maremotos, pero si as enfermidades e mortes que vai sufrir todo o planeta pola radiación emitida nas explosións das centrais nucleares de Xapón. Qué pensades disto?
Miguez
Xoves 17 de Marzo de 2011 ás 08:30 horas
Eu aposto porque fagan unha sende verde polo centro da vila de Redondela e que prohiban conducir en coche en toda esa zona, así melloraremos a calidade de vida dos veciños da vila.

Tamén aposto porque fagan unha senda verde na Ponte de Rande.

Tamén unha senda verde (que actualmente xa existe e chámase "monte galego") na futura A-59 (que esperemos que non se dea feito).

Tamén unha senda verde no aeroporto de Peinador (como xa hai 3, un que falte non pasa nada).

Tamén unha senda verde no Camiño de Santiago Portugues (que está plagado de polígonos, estradas nacionais, etc).

Ah, e todas estas peticións debo facelas por rexistro e polos cauces legais, non en foros públicos ou nos medios de comunicación sen que teñan a máis mínima implicación real.
Chapeleiro
Mércores 16 de Marzo de 2011 ás 21:33 horas
Anda Fidel, non me fagas rir. O desmantelamento das vías en Chapela supón agrabar a claidade de vida d@s veciñ@s de Chapela, ao quitarlle unha conexión directa, económica, ecolóxica e sostible, dende Vigo, ata Coruña, pasando por Redodondela, Redondela-Picota, Cesantes, Arcade, Pontevedra, Pontevedra-Universidade, Portela, Vilagarcía, Catoira, Pontecesures, Padrón, A Escravitude, Osebe, Compostela, Ordes, Cerceda, Uxes.... e ti e outros iluminados pretendedes que traguemos que un corredor verde, de Chapela a Chapela, é mellor que estar conectado cas vilas máis importantes, de Galicia donde se desarrola a mellor saude, estudo,traballo, de Galicia (non quero pensar cales son os vosos plans para conectar aos galegos con Lugo e Ourense. Vamos un timo da estanpita en toda regra. E é que ademáis, non somos novos nin nacimos onte. Lembras o paseo acristalado polo viaducto vello? Pero se a esta data caese a cachos eso que non hai nada invertironse máis dun millón de euros na súa conservación. Son moitas, moitismas as pariduras dos políticos do goberno local, en especial do noso alcalde. Se queredes quitar unha vía, sacade a de Chapela de abaixo, que para o corredor a vos valevos igual, pero deixade a via de arriba, porque nos vémola necesaria para conectar o tren de cercanías co AVE, nunha estación intermodal en Urzaiz. Non ten sentido razonamento, que non sexa o despilfarro, ter unha estaciónd e tren, no Areal, outra en Martínez Garrido, e outra en Urzáiz, e moito menos ten sentido que uns veciños queiran prescindir dun servizo público de calidade, económico e sostible, que os conecta directamente cas vilas e pobos galegos cas que mantén relacións familiares, laborais, saudables, estudantís, etc. Só os veciños ignorantes e desinformados poden querer un xardín e perder o tren
Fidel
Mércores 16 de Marzo de 2011 ás 21:03 horas
O verdadeiro problema do tráfico por Redondela, está en que máis de vinte mil vehículos cruzan o concello, sen contar os da AP-9. Para isto o PP non tén alternativa xa que aposta por alternativas que non van solucionar o problema. Todo por unha presa de votos .
Agora a demanda é o desmantelamento do Scalextric.
En canto ao desmantelamento das vías do tren en Chapela, constitúen unha mellora evidente na calidade de vida dos veciños e veciñas que alí viven.
Pepe
Mércores 16 de Marzo de 2011 ás 20:45 horas
a ponte de Xulián pertence a Po-250 que é de competencia da deputación

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: