www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 15 de Outubro de 2019

O PP demanda a reordenación do tráfico en Vilavella
Institucional • 15/03/2011
Autor: M. X. Queimaliños

O PP fai do tráfico un dos seus cabalos de batalla nestas semanas previas ás eleccións de maio. Logo de centrar as súas demandas na necesidade de que se incrementen o número de prazas de aparcamento propoñen agora a reordenación do tráfico no cruce do convento de Vilavella e a colocación de sinais para regular unha zona de estacionamento no cruce entre a Subida á estación e a N-550.


O candidato á alcaldía Javier Bas apunta que o cruce do convento é unha das zonas máis conflitivas debido a que os vehículos que entran e saen do núcleo urbano teñen que ceder o paso aos que soben e baixan pola estrada situada detrás do convento. Apuntan que sería máis lóxico que a prioridade neste cruce sexa para os vehículos que se dirixen cara o centro urbano ou que saen en dirección a Porriño e Vigo. Tamén propoñen a construción de máis beirarrúas e creación de novos pasos de peóns ben sinalizado e que garantan a seguridade para cruzar con tranquilidade.


Os populares constatan tamén a existencia de problemas na zona da Subida á estación, no cruce coa estrada nacional, onde hai unha parcela sen acondicionar que está sendo empregada por ducias de vehículos diariamente como aparcamento, e que non está nin sinalizado nin minimamente acondicionado para tal fin. A maiores, algúns destes vehículos ao saír acceden á estrada nacional circulando uns metros en dirección prohibida, facendo xiros tamén prohibidos, "e todo porque non existe sinalización algunha que impida estas manobras". Neste sentido, dende o PP solicitan o estudio deste problema "dándolle unha solución de inmediato polo ben e a seguridade de todos, colocando as sinais pertinentes para a correcta circulación".

Comentarios
Un da Rabadeira
Mércores 16 de Marzo de 2011 ás 20:04 horas
Javier Bas non fai máis ca dicir en alto o que moitos levamos anos pensando, desde que se remodelou este cruce de Vilavella. Ten moita razón no que di, qué pasa? Acaso por ser el non pode demandar cousas que saltan á vista? E aínda añadiría algo máis, necesitamos un paso de peons para cruzar desde a carretera do aeroporto hacia o centro, xa nos xogamos a vida por esa estrada sen aceras e despois temos que sortear os coches na rotonda, estamos aislados do mundo ou qué?
Paco
Mércores 16 de Marzo de 2011 ás 19:42 horas
Partindo da base de que calquera partido político pode demandar tódalas melloras que crea convintes, e que, sempre que sexan para iso, para mellorar, benvidas sexan, pregúntome porqué este mesmo partido, o PP (xunto có PSOE e BNG) está dacordo en desmantelar as vías do tren acabando así coa posibilidade dun transporte de cercanías que evitaría moitos desprazamentos en coche e sería moitísimo máis eficaz, económico, ecolóxico… E nos pintan esta desfeita coma se fora un beneficio para o cidadán: precisamos a sustitución das vías por unha senda verde? Anda xa…!!! Menudos lumbreras!!!
Se escoitárades un pouquiño máis as demandas dos veciños e veciñas e vos deixárades de proxectos e gastos superfluos, canto mellor nos iría.
Menos samba e mais traballar!!!
Mércores 16 de Marzo de 2011 ás 17:17 horas
Xesús !!! canta discusión sobre temas estranos. Pois amin pareceme que a proposta do PP é bastante lóxica. ¿Alguén esta de acordo coa sinalización actual do cruce de Vilavella?Porque a proposta que fixeron fori esa, ainda que os aparatos políticos aproveiten o foro para tirarse os trastos a cabeze. As propostas son boas ou malas independentemente de quen as faga, e neste caso os peperos levan razón.
Catapeixe
Mércores 16 de Marzo de 2011 ás 17:12 horas
Parece esquecer todo o mundo, que no caso dos problemas no entorno da discoteca la Fabrica, os veciños levaban anos solicitando medidas correctoras e pedindo firmas aos veciños. Parece que tamén esquecemos que foron os pais do neno atropelado os que lle pediron ao PP que solicitara medidas nesa rua, todo isto despoius de que ese mesmos pais foran a falar co Alcalde de Redondela e saíran indignados do seu despacho pola actitude deste señor.
Por certo, a responsabilidade da ponte de Xulian non é da Deputación, senon da Xunta. ¿por que non pediu o concello solucións cando gobernaban os seus?
Miguez
Mércores 16 de Marzo de 2011 ás 08:34 horas
So dicir que votar merda duns para outros non é solución nin forma de comportarse entre políticos que queren gañar as eleccións e representar a todo un pobo.

Respecto ás estradas perigosas, o PSOE ten que meter man nas que son da responsabilidade das áreas nas que goberna, caso da Nacional a Peinador (Ministerio de Fomento) que urxe beirarúas ou dunh rotonda nos valos e beirarúas tamén nesta estrada. Respecto ó PP terá que facer o mesmo e predicar co exemplo, caso da estrada provincial que pasa polo Viso (Deputación de Pontevedra) que parece que non escoitan ós veciños nas súas demandas mellorar a seguridade desta estrada (beirarúas e paso de peóns para os meniños do colexio). Creo que isto é máis importante que o aparcadoiro ese que tanto se demanda -que demanden transporte público e así a xente non ten que sacalo coche-.

Saúdos,
Para Manuel
Martes 15 de Marzo de 2011 ás 23:29 horas
Recórdoche que o concello solicitou a Xunta de Galica(que é a competente nesa estrada) tomar medidas para reducir a velocidade,tales coma badéns.Pero creo que te equivocas,porque entón en tódolos concello que hai accidentes de circulación,neste casi atropelo,pois todos estes concelleiros teñen responsabilidade,e de seguro que haberá algún do PP(porcerto,non sei si liches o do concelleiro de Santiago) polo tanto non pidas o voto neste caso.Tamén recordo que o concello solicitou a mellora da estrada na parte de Xulián,e aínda está a espera de melloras,coma ben dixo Eduardo,hasta que teñamos unha desgraza non actuará ninguén(porcerto competecncia da deputación de Pontevedra).Asique hai que ver ben a hora de votar,pero como eu non xogo coma ti,cada un que vote o que queira,sen intentar manipular.
Manuel
Martes 15 de Marzo de 2011 ás 21:29 horas
Qué es lo que no has entendido de lo que he dicho? El concejal de tráfico no es culpable de ese atropello pero si es responsabilidad suya tomar las medidas adecuadas para que esa clase de desgraciados accidentes no vuelvan a producirse, ha hecho algo al respecto?
A eso me refiero, considero que es dejadez en sus funciones (demasiadas, por cierto) el non haber hecho nada a pesar de que no es el primer accidente en esa calle.
¿Te ha quedado claro?
Para Manuel
Martes 15 de Marzo de 2011 ás 20:54 horas
Non te parece un despropósito case sinalar a Eduardo Reguera como o culpable do atropelo?
Espero polo ben da páxina web que algúns comentarios sexan eliminados,porque que o fagan en intereconomía ata é normal,pero comentarios coma estes sobran.
E ti vota a quen queiras,pero non intentes usar esa desgraza con interés electoral,pero xa sei que o meu voto non irá a mesma candidatura ca tua.
Un da Picota
Martes 15 de Marzo de 2011 ás 18:21 horas
O PP demanda solucións para Vilavella. Quixera saber cando se vai construir a proxectada rúa que saía frente a capilla de Santa Mariña e que era unha boa solución para os problemas de saturación de tráfico á entrada e saída dos centros de ensino. Ou polo menos deixar o carreiro que había para poder ir andando sen dar semellante rodeo.
María
Martes 15 de Marzo de 2011 ás 18:09 horas
Reordenación do tráfico no casco urbán? Estou esperando as propostas que teñan para as parroquias. Redondela é bastante máis que o centro da vila e Chapela, aínda que non o pareza.
Polo carallo e todo falades das autovías que queredes impoñernos, ou do polígono industrial que non atraerá empresas pero que destruirá varias parroquias, ou do prezo que lle poñedes a algo que non é voso: a auga, ou da sanidade pública que vos estades cargando, do ensino, do emprego…
Iso non vos interesa, pero a nós, os currantes que pagamos o prezo das vosas decisións políticas, sí nos importa e terémolo MOI EN CONTA.

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: