www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 15 de Outubro de 2019

O PP demanda a reordenación do tráfico en Vilavella
Institucional • 15/03/2011
Autor: M. X. Queimaliños

O PP fai do tráfico un dos seus cabalos de batalla nestas semanas previas ás eleccións de maio. Logo de centrar as súas demandas na necesidade de que se incrementen o número de prazas de aparcamento propoñen agora a reordenación do tráfico no cruce do convento de Vilavella e a colocación de sinais para regular unha zona de estacionamento no cruce entre a Subida á estación e a N-550.


O candidato á alcaldía Javier Bas apunta que o cruce do convento é unha das zonas máis conflitivas debido a que os vehículos que entran e saen do núcleo urbano teñen que ceder o paso aos que soben e baixan pola estrada situada detrás do convento. Apuntan que sería máis lóxico que a prioridade neste cruce sexa para os vehículos que se dirixen cara o centro urbano ou que saen en dirección a Porriño e Vigo. Tamén propoñen a construción de máis beirarrúas e creación de novos pasos de peóns ben sinalizado e que garantan a seguridade para cruzar con tranquilidade.


Os populares constatan tamén a existencia de problemas na zona da Subida á estación, no cruce coa estrada nacional, onde hai unha parcela sen acondicionar que está sendo empregada por ducias de vehículos diariamente como aparcamento, e que non está nin sinalizado nin minimamente acondicionado para tal fin. A maiores, algúns destes vehículos ao saír acceden á estrada nacional circulando uns metros en dirección prohibida, facendo xiros tamén prohibidos, "e todo porque non existe sinalización algunha que impida estas manobras". Neste sentido, dende o PP solicitan o estudio deste problema "dándolle unha solución de inmediato polo ben e a seguridade de todos, colocando as sinais pertinentes para a correcta circulación".

Comentarios
Víctor
Martes 15 de Marzo de 2011 ás 17:49 horas
Hai máis alternativas de voto ca PP-PSOE, e deberíades centrarvos en explicar como pensades representar e defender á cidadanía, non so en tirarvos os trastos. Estamos cansos de que se nos tome o pelo. Pode que haxa "sorpresas" nas próximas eleccións. Veremos...
Manuel
Martes 15 de Marzo de 2011 ás 17:42 horas
Por lo menos el PP denuncia las deficiencias que detecta para evitar males mayores, qué hace el PSOE? Pero claro, a unha persona con tantas dedicaciones exclusivas no se le puede pedir demasiado, aunque eso suponga muertes como la del chico de la discoteca La Fábrica. Tengámoslo en cuenta en nuestro voto.
oscar
Martes 15 de Marzo de 2011 ás 17:41 horas
se tanto lles preocupa o trafico por que permiten desmantelar a infraestructura do tren de cercanias? que aliviaria o trafico das vilas,estamos ante o cenit do petroleo e seguimos pensando como producir mais automoviles e en facer mais KM de autoestradas e autovias. En canto o da estación os ciudadans esta unha vez mais a enseñar os politicos, ¡chamase aparcadoiro disuasorio! alivia o trafico e a emision de gases de efecto invernadoiro
un de a pe
Martes 15 de Marzo de 2011 ás 17:36 horas
Xa estades pedindo a concellería de tráfico? Ou é por criticar ao actual concelleiro, Eduardo Reguera?
Mira que non haberá problemas bastante máis gordos que arranxar neste Concello... seguimos desviando a atención.
Como non teñades mellores propostas cara ás municipais... tédelo crudo.

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: