www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 18 de Outubro de 2019

Un Plan B para o día do Pai
Sociedade • 15/03/2011
Autor: M. X. Queimaliños

A Asociación de empresarios pon en marcha unha campaña de promoción do comercio local para fomentar as compras nestes días previos á celebración do día do Pai o vindeiro sábado 19.  A campaña consiste en facer entrega dun agasallo aos clientes dos establecementos do Centro Comercial Aberto de Redondela dende hoxe e ata o vindeiro venres.


Polas compras realizadas os clientes recibiran un agasallo especial presentado baixo un "paketing promocional" que comprende unha completa oferta de ocio para gozar do Día do Pai en familia participando das actividades que se desenvolverá na tarde do sábado no centro da vila. Así, convídaselles a xogar n un minigolf que se instalará nos xardíns da Alameda, nun área de mini e super futbolíns así como a realizar un retrato/caricatura da persoa que desexe. Tamén poderán participar nos obradoiros de caricaturas que se localizará na Praza do Concello no Día do Pai dende as 17:00 ata as 20:00 horas.


Nesta caixa recóllese ademais información sobre os menús especiais que nesa xornada ofrecerán os restaurantes Casas, O Mesón, A Cova e o hotel Antolín.


Unha campaña que persegue incrementar o comercio nun período no que segundo constatan na Asociación de empresarios o comercio local está a sufrir unha contración nas vendas.

Comentarios
Meretrizando yuxtapuesto
Mércores 30 de Marzo de 2011 ás 16:21 horas
Yo no zé zi tu no tendráz razón, equipo Az. Tu que opinaz, Vito? Que vito? La vitocerámica no, po zupuezto, yo hablo de loto Vito, zi, del de Ubasé, y evito velo poqe maburre.
Fimado, Vito Coleone.
EL EQUIPO A
Mércores 16 de Marzo de 2011 ás 22:07 horas
esto me recuerda ala serie del equipo A que el jefe siemple tenia un plan b yo creo que el presidente del la asociacion de empresario se cree el jefe del equipo A
oesenio
Mércores 16 de Marzo de 2011 ás 17:00 horas
A ignorancia de nemesio é grande. A expresión está entre comiñas, o que significa que a autora a sacou da nota de prensa ou sabe que é un anglicismo ou neoloxismo ou como se chame.

Cos medios que a radio ten, a directo fai moito máis do que calquera de nós podería!
nemesio.
Mércores 16 de Marzo de 2011 ás 11:08 horas
quéresme explicar que é iso de "paketing"? Non sexas ...cálome o epíteto. Tes a obrigación, que para iso se supón que és licenciada nalgo e directora da radio, de falar un pouquiño mellor ca nós. Non sexas...
[1-4]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: