www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 16 de Novembro de 2019

Ai! Carmela no Multiusos
Cultura • 16/03/2011
Autor: M. X. Queimaliños

Os actores Melania Cruz e Josito Porto dan vida aos comediantes que se ven obrigado a actuar para as tropas nacionais en plena Guerra Civil. Unha traxicomedia que se poderá ver este sábado no auditorio de A Xunqueira.


Baseada na obra de José Sanchís Sinisterra chega a Redondela a adaptación de Ai Carmela da man da compañía Teatro de Adro. Unha historia que nos leva ao inverno do ano 1938. En Galicia dous cómicos, Carmela e Paulino, interpretados polos actores Melania Cruz e Josito Porto, son arrestados polo bando nacional e obrigados a realizar unha función para celebrar a vitoria na batalla do Ebro ante un público onde están presentes varios mozos condenados a morte. Unha dramática historia non exenta de momentos cómicos que farán sorrir ao público ante as situacións absurdas que se desenvolverán enriba do escenario.


Un espectáculo de pequeno formato no que a música en directo terá unha importancia determinantes, tanto polas interpretacións dos propios actores como polo acordeón de Sabela Dacal.


A representación será o sábado ás 20:00 horas no Multiusos da Xunqueira dentro do programa do Teatrarte.

Comentarios
Víctor o home!
Martes 29 de Marzo de 2011 ás 22:27 horas
para vir a xuntaminparaviraxuntamin, vai lavaracaravailavaracara Victorín.
Moucho Marx
Luns 21 de Marzo de 2011 ás 17:02 horas
Comentarios
Moucho Marx
Luns 21 de Marzo de 2011 ás 16:57 horas

ISTO XA PASA DE MARRÓN GLACÉ A CASTIÑEIRO NEGRO.

Que aínda non haxa máis dunha semana tivésemos paralizada a nosa actividade por mor do servidor podía pasar. Pareceunos normal. O servidor, instalado nas terras da Alemaña e acostumado por tanto á rixidez, é dicir, a non estar acostumado do riso de continuo, podía crear situacións como a pasada, pero que onte de mañá, cando íamos instalar un troll, dous gnomos e unha mona como a que había na alameda de Pontevedra hai anos na nosa querida páxina volvese saltar de novo as alarmas e non fósemos quen de contactar con ela xa nos chegou aos oeufs.
Postos en contacto coa oficina de prensa de radio Nacional negáronnos que tiveran que ver co asunto. Postos en contacto coa oficina de prensa do cortello de Redondela, dixéronnos tamén igual. Postos en contacto cos partidos que teñen moita sede na rúa Alfonso XII pasounos o mesmiño. Postos en contacto co partido que ten moita sede na praza da Constitución idem de lienzo. Finalmente, cansos de tanto preguntar, concluímos que se trataba dunha puta sabotaxe contra nós e o que significamos: unha voz discordante, iconoclasta, ruda e dura. Está claro que nesta Redondela de opereta chegamos a molestar, e moito. Non deixa de ser un éxito para algo que non chegou a durar tres meses.
O malo é que os censores non se decatan que, canto máis se esforzan máis nos obrigan, e que a cousa non pode quedar así, evidentemente.
Chamamos a todos a rebelármonos contra este sistema hipócrita e contra destes políticos hipócritas que pretenden tomarnos o pelo e que, por riba, calemos, aguantemos como se fósemos ovellas. Vai sendo hora de que a xente desta vila lles diga a todos que se vaian tomar…unhas copas e deixen as cousas serias para a xente seria, como nós mesmos.


A nova máis lida
Sábado 19 de Marzo de 2011 ás 21:09 horas
¿Onde vai a nova máis lida e comentada "Alberto Covelo lidera a candidatura da FPG en Redondela"?
Algunha das da lista actual pode considerarse máis lida ca esta?
A quén lle molestaba?
Parece mentira, volvemos á censura.
cuchufletas
Venres 18 de Marzo de 2011 ás 06:10 horas
por certo, andan a dicir por aí que faloderedondela ten que ver coa radio, non con urbaser. Será verdade? Como entender que teñades enlace directo os uns cos outros? Ui que malos!
cuchufleta
Venres 18 de Marzo de 2011 ás 06:07 horas
pois si ten que ver: os dous teñen que ver coa merda. Faloderedondela fala da merda que hai nesta vila e corte e Urbaser ten que ver cun apaño que hai catro anos fixo o responsable político da radio.
Abelaiñas
Xoves 17 de Marzo de 2011 ás 14:04 horas
O que non se entende é que ten que ver Urbaser co faloderedondela
badulaque
Xoves 17 de Marzo de 2011 ás 13:01 horas
ui que cousa máis rara: é poñer unha explicación na radio nacional de redondela e xa funciona de novo a güefaloderedondela. Serán os mesmos?
harpónmax
Xoves 17 de Marzo de 2011 ás 12:23 horas
oes, e non serán os informáticos do concello e dos partidos pollínicos?
moucho marx
Xoves 17 de Marzo de 2011 ás 12:22 horas
a páxina faloderedondela ten problemas co servidor. En canto os amañen volveraaaaaaaaa (se nos deixa o condensador de fluzo).
tierno urbaser
Xoves 17 de Marzo de 2011 ás 12:18 horas
oes q pasou coa paxina de faloderedondela,seica non existe,hai la madreeeeeeeeee

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: