www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 15 de Outubro de 2019

Ai! Carmela no Multiusos
Cultura • 16/03/2011
Autor: M. X. Queimaliños

Os actores Melania Cruz e Josito Porto dan vida aos comediantes que se ven obrigado a actuar para as tropas nacionais en plena Guerra Civil. Unha traxicomedia que se poderá ver este sábado no auditorio de A Xunqueira.


Baseada na obra de José Sanchís Sinisterra chega a Redondela a adaptación de Ai Carmela da man da compañía Teatro de Adro. Unha historia que nos leva ao inverno do ano 1938. En Galicia dous cómicos, Carmela e Paulino, interpretados polos actores Melania Cruz e Josito Porto, son arrestados polo bando nacional e obrigados a realizar unha función para celebrar a vitoria na batalla do Ebro ante un público onde están presentes varios mozos condenados a morte. Unha dramática historia non exenta de momentos cómicos que farán sorrir ao público ante as situacións absurdas que se desenvolverán enriba do escenario.


Un espectáculo de pequeno formato no que a música en directo terá unha importancia determinantes, tanto polas interpretacións dos propios actores como polo acordeón de Sabela Dacal.


A representación será o sábado ás 20:00 horas no Multiusos da Xunqueira dentro do programa do Teatrarte.

Comentarios
Ai Carmela!
Xoves 17 de Marzo de 2011 ás 10:44 horas
que nos queren subir outra vez a electricidade. Galicia exporta electricidade. Das hidroeléctricas, eólicos e paneis solares nós, os galegos, non sacamos ningún beneficio, temos peores servizos e pagámola ao mesmo prezo ca o resto de España. Aínda así, é preferible isto a depender das centrais nucleares, xa comprobamos os riscos que conlevan. Penso que este tema é moito máis interesante ca obra Ai, Carmela.
Miguez
Xoves 17 de Marzo de 2011 ás 08:35 horas
Demando unha senda verde para a futura via do AVE, tamén para o Rio pexegueiro (que o concello destruiu, reconstruiu, volveu a destruiu e ultimamente din que recuperaron), tamén unha senda verde para a Ponte de Rande, outra para o aeroporto de Peinador,...

Acábase de fundar a plataforma electoral SENDAS VERDES UNIDAS.
Están levantando a vía do tren en Chapela
Mércores 16 de Marzo de 2011 ás 18:40 horas
Ai, Carmela! Están levantando as vías do tren en Chapela e a Radio Municipal non comenta nada? Nin sequera do corredor verde que os cabeciñas pensantes dos mandamáis da cada partido maioritario deste ilustre concello queren. Pois non por iso vou deixar de facer o meu comentario ao respecto: O corredor verde, é unha palla mental do goberno local. Estamos esperando pola asarela acristalada no vello viaducto, e non so eso, é que xa esperamos, unha ponte a San Simón, un casino, unha escola de vela de élite, etc. pero eso non deixa de ser unha vez máis propaganda ilusionista,electoral e distractiva do goberno local, que só pretende que o persoal, se ilusione e non loite polo mantemento dun servizo público de calidade

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: