www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 16 de Novembro de 2019

A adxudicación da piscina de Chapela farase por un período de 40 anos
Institucional • 17/03/2011
Autor: M. X. Queimaliños

Así se establece nas bases aprobadas hoxe por unanimidade do pleno do concello e nas que se recolle que a empresa adxudicataria terá que facer un investimento de dous millóns de euros. Dita cantidade investirase na adquisición de maquinaria e na construcción da segunda e terceira fase do centro de deportes acuáticos que está previsto comece a funcionar a partir de xullo.


O edil de asuntos económicos, Emilio González Iglesias explicaba que a concesionaria deberá investir 800.000 euros en maquinaria e 1'2 millóns nas fases que restan para completar o complexo deportivo de Chapela. Na terceira e cuarta fase contemplase a construcción do prometido spa, a cafetería do centro e a urbanización do terreo que se atopa na parte dianteira do edificio.


Unhas obras que segundo asegurou o edil non impedirán que no inicio do verán comecen a funcionar xa tanto a piscina como o ximnasio. De feito, o alcalde Xaime Rei aseguraba que está previsto que a inauguración oficial sexa o sábado 4 de xuño, mentres que con total seguridade os usuarios poderían xa darse os seus primeiros baños na piscina no mes seguinte.


Con estas afirmacións, os socialistas contestaban ás dúbidas mostradas durante o pleno por parte do grupo popular. O edil Alberto Pazos demandaba información sobre o estado actual das obras e lembraba que de non cumprirse os prazos establecidos, o concello tería que facer fronte a unha importante sanción económica por tratase duns cartos procedentes do Plan E. Con todo dende a bancada socialista asegurábase que non hai risco "por existir marxe máis que suficiente para rematar a actuación".


Finalmente todos os grupos estiveron de acordo en dar o seu apoio ás bases que rexerán a concesión do servizo por un período de 40 anos. Unha prolongada adxudicación que dende o PSOE xustifican pola situación económica actual "dado que non habería ningunha empresa disposta a realizar un investimento tan elevado como o esixido se o período de adxudicación fose menor".

Comentarios
Víctor ou Victoria
Martes 29 de Marzo de 2011 ás 22:26 horas
non estou en situación de quedar carenado cunha estructura molecular que entrañe unha vislumbración de catenarias paralalepípedas que se estructuren en estructuras estructuradas. Víctor for alcalde....e Noé, Noé alcaldeso!
Moucho Marx
Luns 21 de Marzo de 2011 ás 17:01 horas
Comentarios
Moucho Marx
Luns 21 de Marzo de 2011 ás 16:57 horas

ISTO XA PASA DE MARRÓN GLACÉ A CASTIÑEIRO NEGRO.

Que aínda non haxa máis dunha semana tivésemos paralizada a nosa actividade por mor do servidor podía pasar. Pareceunos normal. O servidor, instalado nas terras da Alemaña e acostumado por tanto á rixidez, é dicir, a non estar acostumado do riso de continuo, podía crear situacións como a pasada, pero que onte de mañá, cando íamos instalar un troll, dous gnomos e unha mona como a que había na alameda de Pontevedra hai anos na nosa querida páxina volvese saltar de novo as alarmas e non fósemos quen de contactar con ela xa nos chegou aos oeufs.
Postos en contacto coa oficina de prensa de radio Nacional negáronnos que tiveran que ver co asunto. Postos en contacto coa oficina de prensa do cortello de Redondela, dixéronnos tamén igual. Postos en contacto cos partidos que teñen moita sede na rúa Alfonso XII pasounos o mesmiño. Postos en contacto co partido que ten moita sede na praza da Constitución idem de lienzo. Finalmente, cansos de tanto preguntar, concluímos que se trataba dunha puta sabotaxe contra nós e o que significamos: unha voz discordante, iconoclasta, ruda e dura. Está claro que nesta Redondela de opereta chegamos a molestar, e moito. Non deixa de ser un éxito para algo que non chegou a durar tres meses.
O malo é que os censores non se decatan que, canto máis se esforzan máis nos obrigan, e que a cousa non pode quedar así, evidentemente.
Chamamos a todos a rebelármonos contra este sistema hipócrita e contra destes políticos hipócritas que pretenden tomarnos o pelo e que, por riba, calemos, aguantemos como se fósemos ovellas. Vai sendo hora de que a xente desta vila lles diga a todos que se vaian tomar…unhas copas e deixen as cousas serias para a xente seria, como nós mesmos.


A nova máis lida
Sábado 19 de Marzo de 2011 ás 21:10 horas
¿Onde vai a nova máis lida e comentada "Alberto Covelo lidera a candidatura da FPG en Redondela"?
Algunha das da lista actual pode considerarse máis lida ca esta?
A quén lle molestaba?
Parece mentira, volvemos á censura.
Ariel
Sábado 19 de Marzo de 2011 ás 16:09 horas
Cada vez son maiores os prazos de concesións privadas de servizos públicos. Pode ser ca crise, as empresas privadas esixen maiores beneficios e garantías de beneficio, para arrear a desexada comisión e financiación de campaña.
Non somos lelos!
Venres 18 de Marzo de 2011 ás 13:59 horas
Que casualidade!!!. Previas as pasadas eleccións do 2.007, adxudicouse o servizo da recollida do Lixo a Urbaser, e agora "casualmente" sae a concurso a adxudicación do Spa de Chapela, ademáis xubilase políticamente Emilio. Menuda guinda de fin de carreira unha concesión de 40 anos. Cantas casualidades. Preguntome porque o PP colabora con estas cousas?
oscar
Xoves 17 de Marzo de 2011 ás 18:52 horas
xa me esquecia, moita piscina que esta ben, pero inda no se cambiaron os contedores de lixo que están diante do IES CHAPELA, e xa que os cartos do plan E lle queima nas mans, poden facer un punto limpo na zona.
oscar
Xoves 17 de Marzo de 2011 ás 18:12 horas
Isto e o Plan Engano, centos de millons de € dilapidados en beira ruas, piscinas , campos de futbol e incluso algunha discoteca. E a N-555 sen beira ruas, e vilavella sen un paso a nivel.
Baliñas
Xoves 17 de Marzo de 2011 ás 14:01 horas
Neste concello gastamos os cartos en adornos, fontes piramidais, palmeiras, e pedra mentres o paro, a explotación laboral aumentan, e eles colocan aos seus no Concello, as ganancias para as empresas privadas, e os perxuizos, mailas facturas aos veciños!!!
[1-8]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: