www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 16 de Novembro de 2019

O AVE deixará a Chapela sen tren
Sociedade • 17/03/2011
Autor: M. X. Queimaliños

A asociación de veciños de Chapela en colaboración co colectivo Salva o tren, convocan mañá venres ás 19:30 horas unha asemblea para informar sobre o desmantelamento da vía do tren na parroquia e argallar un calendario de mobilizacións. No Congreso o deputado nacionalista Francisco Jorquera insta a Fomento a paralizar o desmatelamento das vías nesta parroquia.


A AVV de Chapela e o colectivo Salva o Tren convocan aos veciños a achegarse ao multiusos do Piñeiral para coñecer o prexuízo que suporá par a zona a perda do servizo ferroviario así como para estudar un calendario de mobilizacións en camiñadas a reivindicar o mantemento das vías que poderían dar servizo no futuro a un tren de proximidade.


Neste sentido apuntan que non se pode aceptar que a construción do AVE e a posta en marcha da liña do eixo atlántico de alta velocidade supoña a destrución dos servizos de proximidade tendo en conta a necesidade real dun transporte público eficaz que facilite os desprazamentos entre Vigo e Pontevedra. Aseguran ademais que dito servizo de proximidade sería a solución á ampliación de Rande.


Pregunta no Congreso


Por outra banda, o deputado nacionalista Francisco Jorquera rexistrou unha proposición non de lei e unha pergunta parlamentar na que insta ao Ministerio de Fomento a adoptar unha serie de medidas en relación coa creación futura dun servizo ferroviario de proximidade en Galiza.


En primeiro lugar, Jorquera pide a Fomento que paralice o desmantelamento de vías na Galiza como o acontecido en Chapela ata acordar o futuro das liñas que van ficar en desuso cando estea en marcha o Eixo Atlántico e demanda que se programe unha reunión coa Xunta para abordar a necesidade de creación deste servizo aproveitando as vellas liñas ferroviarias.


Reclama tamén que se execute a partida consignada nos Orzamentos do Estado 2011 para a realización dun Estudo para a implantación de servizos ferroviarios de proximidade no territorio galego. Por último, fai alusión ás numerosas estacións e apeadeiros de tren que se van pechar coa entrada en funcionamento do Eixo Atlántico. Neste sentido, demanda un Plan específico a fin de mantelas para o futuro servizo de proximidade ou evitar o seu abandono.

Comentarios
Ver todo Con Velo
Xoves 31 de Marzo de 2011 ás 18:43 horas
Sabes como se expresan? Curioso que teñas esa percepción, moi curioso!
Víctor Manuel
Xoves 31 de Marzo de 2011 ás 00:32 horas
Parece que hai a persoas, presuntamente relacionadas co faloderendondela (polo estilo narrativo) que lles molesta que eu me expresa na municipal. Curioso!!!!
víctor manuel bi anual fuentes
Martes 29 de Marzo de 2011 ás 22:20 horas
eu entendo que a coxuntura estructural derivada das falocraciadas minguadas polas derivas compatibles son compartimentadas coas entelequias que distenden os fíos do macrocosmos levítico i entraviado cun xamón pata porca que...que tira o sentido. Dixit!
REDONDELA
Xoves 24 de Marzo de 2011 ás 18:46 horas
tamén esta en GALIZA
O AVE
Xoves 24 de Marzo de 2011 ás 18:45 horas
DEIXARÁ A GALIZA SEN TREN
Este deveria ser o verdadeiro titular.
Chapela e un lugar que esta antes de Vigo, pero se vas pola autoestrada so ves sinais de 110.
Bombeiro
Xoves 24 de Marzo de 2011 ás 16:27 horas
Perlas, se che ve dende lonxe a maseira na que comes, nós dende arriba ben vimos as distintas actitudes e os da fpg foron os únicos que se mollaron co que pensamos os que estamos informados. Que xa comezades a ternos afeitos a dar un discurso en madrí e outro aquí. O bloque fede: en madri están en contra do levantamento das vías e a prol de montar bases militares na limia, pero Ceci, seica , quer seguir a bailar con Reguera. Non nos ides enganar máis: ou na casa, ou fpg, merecen un voto de confianza. É o único partido que se preocupou por nós, e que se vai sentar a falar con nós. Salvemos, tamén os Grumir.
Arousa
Mércores 23 de Marzo de 2011 ás 21:58 horas
Home Isaac, no multiusos de Chapela, había tantos veciños e politicos como no Multiusos da Xunqueira na homenaxe a Alejandro Otero, e non é porque ningún dos dous temas mereza menos participación.
Orellas
Mércores 23 de Marzo de 2011 ás 21:52 horas
Ja, ja, ja Oes! As intervencións de \"Perlas\" e \"Autovía non corredor si\" teñen moita retranca. Non seredes do faloderedondela?
Autovía non corredor si
Mércores 23 de Marzo de 2011 ás 21:17 horas
Xa se ve a enorme preocupación dos veciños de Chapela co tema do levantamento das vías. Peor se nesa reunión había mais politicos que veciños !!! Deixadevos de caralladas que en Chapela sobran vías e faltan espazos verdes. CORREDOR VERDE XA !!!
Perlas
Mércores 23 de Marzo de 2011 ás 20:28 horas
Unha das perlas da charla foi cando o de Salva o Tren afirmou sen ningún tipo de miramento, que os pisos cercanos ás estacións de tren, ou apeadeiros se revalorizaban, e os da FPG aplaudían coas orellas.

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: