www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 15 de Outubro de 2019

O AVE deixará a Chapela sen tren
Sociedade • 17/03/2011
Autor: M. X. Queimaliños

A asociación de veciños de Chapela en colaboración co colectivo Salva o tren, convocan mañá venres ás 19:30 horas unha asemblea para informar sobre o desmantelamento da vía do tren na parroquia e argallar un calendario de mobilizacións. No Congreso o deputado nacionalista Francisco Jorquera insta a Fomento a paralizar o desmatelamento das vías nesta parroquia.


A AVV de Chapela e o colectivo Salva o Tren convocan aos veciños a achegarse ao multiusos do Piñeiral para coñecer o prexuízo que suporá par a zona a perda do servizo ferroviario así como para estudar un calendario de mobilizacións en camiñadas a reivindicar o mantemento das vías que poderían dar servizo no futuro a un tren de proximidade.


Neste sentido apuntan que non se pode aceptar que a construción do AVE e a posta en marcha da liña do eixo atlántico de alta velocidade supoña a destrución dos servizos de proximidade tendo en conta a necesidade real dun transporte público eficaz que facilite os desprazamentos entre Vigo e Pontevedra. Aseguran ademais que dito servizo de proximidade sería a solución á ampliación de Rande.


Pregunta no Congreso


Por outra banda, o deputado nacionalista Francisco Jorquera rexistrou unha proposición non de lei e unha pergunta parlamentar na que insta ao Ministerio de Fomento a adoptar unha serie de medidas en relación coa creación futura dun servizo ferroviario de proximidade en Galiza.


En primeiro lugar, Jorquera pide a Fomento que paralice o desmantelamento de vías na Galiza como o acontecido en Chapela ata acordar o futuro das liñas que van ficar en desuso cando estea en marcha o Eixo Atlántico e demanda que se programe unha reunión coa Xunta para abordar a necesidade de creación deste servizo aproveitando as vellas liñas ferroviarias.


Reclama tamén que se execute a partida consignada nos Orzamentos do Estado 2011 para a realización dun Estudo para a implantación de servizos ferroviarios de proximidade no territorio galego. Por último, fai alusión ás numerosas estacións e apeadeiros de tren que se van pechar coa entrada en funcionamento do Eixo Atlántico. Neste sentido, demanda un Plan específico a fin de mantelas para o futuro servizo de proximidade ou evitar o seu abandono.

Comentarios
Berto Covelo
Luns 21 de Marzo de 2011 ás 22:13 horas
Nos imos a estar nesa loita, fomentemos o debate e socialicemos o problema.
Berto Covelo
Luns 21 de Marzo de 2011 ás 22:10 horas
NON SO A CHAPELA.....A GALIZA

Este venres 18 no Multiusos Piñeiral de Crego (Chapela), houbo unha asemblea informativa, sobre do desmantelamento do tren de cercanias, ( enmascarando dita atrocidade coa creación dunha social , ecolóxica e maravillosa Senda Verde) Asistiu unha representación política dos partidos de Redondela cos seus candidatos a cabeza, tamén asistimos nos(FPG),aínda que fomos como viciños, e non nos presentamos doutro xeito, si mantivemos un debate bastante intenso. Non xa polas formas, senón porque non lles gustou o que lles dise-mos.

Dita asemblea, foi organizada pola A.V. de Chapela, e que os compañeiros de Salva o Tren, explicaron con datos e cunha gran presentación a todo o que quixo ouvir, o pouco ecolóxico e social que era levar a cabo un desmantelamento das vías. E como hoxe empezan por Chapela, xa que alí teñen a escusa da senda, pero o obxetivo e deixar a Galiza, sen tren de proximidade. Potenciando coma fan sempre o transporte por estrada, para logo xustificar a necesidade de autoestradas .

Os do PP marcharon os 5’. O PG posicionouse a favor da senda, pero dixo non entender por que levantaron as vías as 4 a maña.
Os do PSOE e BNG defenderon a senda verde e tamén o tren e tamén o transporte publico. Falaron dunha ficticia posibilidade de manter o servizo polas vías de mercancías .Algo que sendo unha chapuza, tampouco se contempla en ningún proxecto.

Vamos, para enmarcar na casilla da demagoxia.
A FPG, criticounos nese sentido e posicionouse claramente en contra do desmantelamento das vías, a favor sen tapuxos do tren de proximidade. A favor de cambiar os planes da Estación de Urzaiz e reclamar unha estación entermodal moderna e de progreso. O que para nos ten que ser o transporte metropolitano do futuro.
Moucho Marx
Luns 21 de Marzo de 2011 ás 17:00 horas
Comentarios
Moucho Marx
Luns 21 de Marzo de 2011 ás 16:57 horas

ISTO XA PASA DE MARRÓN GLACÉ A CASTIÑEIRO NEGRO.

Que aínda non haxa máis dunha semana tivésemos paralizada a nosa actividade por mor do servidor podía pasar. Pareceunos normal. O servidor, instalado nas terras da Alemaña e acostumado por tanto á rixidez, é dicir, a non estar acostumado do riso de continuo, podía crear situacións como a pasada, pero que onte de mañá, cando íamos instalar un troll, dous gnomos e unha mona como a que había na alameda de Pontevedra hai anos na nosa querida páxina volvese saltar de novo as alarmas e non fósemos quen de contactar con ela xa nos chegou aos oeufs.
Postos en contacto coa oficina de prensa de radio Nacional negáronnos que tiveran que ver co asunto. Postos en contacto coa oficina de prensa do cortello de Redondela, dixéronnos tamén igual. Postos en contacto cos partidos que teñen moita sede na rúa Alfonso XII pasounos o mesmiño. Postos en contacto co partido que ten moita sede na praza da Constitución idem de lienzo. Finalmente, cansos de tanto preguntar, concluímos que se trataba dunha puta sabotaxe contra nós e o que significamos: unha voz discordante, iconoclasta, ruda e dura. Está claro que nesta Redondela de opereta chegamos a molestar, e moito. Non deixa de ser un éxito para algo que non chegou a durar tres meses.
O malo é que os censores non se decatan que, canto máis se esforzan máis nos obrigan, e que a cousa non pode quedar así, evidentemente.
Chamamos a todos a rebelármonos contra este sistema hipócrita e contra destes políticos hipócritas que pretenden tomarnos o pelo e que, por riba, calemos, aguantemos como se fósemos ovellas. Vai sendo hora de que a xente desta vila lles diga a todos que se vaian tomar…unhas copas e deixen as cousas serias para a xente seria, como nós mesmos.


Explicación
Domingo 20 de Marzo de 2011 ás 19:46 horas
O da desaparición das novas ten que ver co programa de xestión da páxina. As novas duran uns días determinados e logo elimínanse. Do contrario, nunca aparecerían novas novas nesa lista. Se coñecedes as páxinas do Faro, El País, O Xornal, etc. fan o mesmo.
Mirar pantasmos onde os haxa e non onde non os hai!
A nova máis lida
Sábado 19 de Marzo de 2011 ás 20:59 horas
Tés razón. A nova que seguramente tiña o record de participación e comentarios desaparece da lista. Nembargantes permanecen nimiedades coma os gañadores do entroido. Qué escuros intereses haberá detrás deste feito...?
Toural
Sábado 19 de Marzo de 2011 ás 17:40 horas
Por algún motivo desapareceu do ranquin das novas máis lidas a seguinte "Alberto Covelo lidera a candidatura da FPG en Redondela"
Verete!
Venres 18 de Marzo de 2011 ás 14:09 horas
Realmente é o Ministerio de Fomento que dirixe o Sr. Pepe Blanco o que deixa a Chapela sen tren, e non só a Chapela, tamén a Redondela, Redondela-Picota, Cesantes, Arcade, etc.

Somos o único pais (Galicia) do mundo no que a construcción do AVE supón a desaparición do tren convencional. En Cataluña Fomento, construe o AVE, e entregalle 5000 millóns de euros máis a infraestructura a generalitat, para que mellre e manteña o tren de cercanías e todo o tecido ferroviario da nación catalana.

É que os galegos somos moi competitivos, sabeno en toda Europa, renunciamos a parte do noso salario, traballamos máis horas incluso en negro, e estamos dispostos a morrer na estrada de camiño ao traballo ou no tempo de lecer. tan pouco nos falta que volttamos sempre a votar a man que nos da de . . . ostias!


oscar
Xoves 17 de Marzo de 2011 ás 18:38 horas
E verdade miguez os politicos temos a mala costume de querer estar na praza e na feira o mesmo tempo. Co a entrada en funcionamento da alta velocidade ( 220km-h) Redondela vai quedar sen transporte público e económico, xa que so terán un servicio regular de autobus a zona de chapela, polom servici urban de vigo, e as parroquias polas que dicurre a N-550. O resto o automovil que hai que rentuar a inversions en autoestradas e autovias.
noe covelo 2 parte
Xoves 17 de Marzo de 2011 ás 17:30 horas
este concelleiro piensa que el pueblo de redondela nos chupamos el dedo con sus mentiras
noe covelo
Xoves 17 de Marzo de 2011 ás 17:27 horas
ayer me encontre al concelleiro de trafico eduardo Y me dijo que el tren de cercania no va desaparece que dejaran una via

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: