www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 15 de Outubro de 2019

O AVE deixará a Chapela sen tren
Sociedade • 17/03/2011
Autor: M. X. Queimaliños

A asociación de veciños de Chapela en colaboración co colectivo Salva o tren, convocan mañá venres ás 19:30 horas unha asemblea para informar sobre o desmantelamento da vía do tren na parroquia e argallar un calendario de mobilizacións. No Congreso o deputado nacionalista Francisco Jorquera insta a Fomento a paralizar o desmatelamento das vías nesta parroquia.


A AVV de Chapela e o colectivo Salva o Tren convocan aos veciños a achegarse ao multiusos do Piñeiral para coñecer o prexuízo que suporá par a zona a perda do servizo ferroviario así como para estudar un calendario de mobilizacións en camiñadas a reivindicar o mantemento das vías que poderían dar servizo no futuro a un tren de proximidade.


Neste sentido apuntan que non se pode aceptar que a construción do AVE e a posta en marcha da liña do eixo atlántico de alta velocidade supoña a destrución dos servizos de proximidade tendo en conta a necesidade real dun transporte público eficaz que facilite os desprazamentos entre Vigo e Pontevedra. Aseguran ademais que dito servizo de proximidade sería a solución á ampliación de Rande.


Pregunta no Congreso


Por outra banda, o deputado nacionalista Francisco Jorquera rexistrou unha proposición non de lei e unha pergunta parlamentar na que insta ao Ministerio de Fomento a adoptar unha serie de medidas en relación coa creación futura dun servizo ferroviario de proximidade en Galiza.


En primeiro lugar, Jorquera pide a Fomento que paralice o desmantelamento de vías na Galiza como o acontecido en Chapela ata acordar o futuro das liñas que van ficar en desuso cando estea en marcha o Eixo Atlántico e demanda que se programe unha reunión coa Xunta para abordar a necesidade de creación deste servizo aproveitando as vellas liñas ferroviarias.


Reclama tamén que se execute a partida consignada nos Orzamentos do Estado 2011 para a realización dun Estudo para a implantación de servizos ferroviarios de proximidade no territorio galego. Por último, fai alusión ás numerosas estacións e apeadeiros de tren que se van pechar coa entrada en funcionamento do Eixo Atlántico. Neste sentido, demanda un Plan específico a fin de mantelas para o futuro servizo de proximidade ou evitar o seu abandono.

Comentarios
Miguez
Xoves 17 de Marzo de 2011 ás 14:56 horas
Ui.

E o tal Jorquera de que partido é?

Do mesmo que pide a desmantelación das vías e a eliminación dos servizos de cercanías para crear sendas verdes?

Algún dos militantes destes partidos entende algo? Que nolo expliquen...

Por certo, unha senda verde créase a partir dunha liña férrea en dessuso porque se mellorou con outra rede que da mellor servizo sobre todo de cercanías (o AVE non dá servizo de cercanías, polo cal é unha solución que vai contra o medioambiente ó facer que se potencie o consumo de máis hidrocarburos pola poboación). Non se destrúen as vías para crear sendas verdes, isto é hipocresía xa que para ser "politicamente co medio ambiente" neste concello parece ser que primeiro hai que facer unha desfeita para despois ter a opción de dicir que se amaña e somo "chachis, chachis e moi ecoloxistas e mediambientalistas, etc, etc...".
Exemplos:
- Ampliación da AP-9 sen estudo de impacto ambiental.
- A autovía A-59 destruíndo sendas xa establecidas, destruindo o noso monte, favorecendo o transporte privado, para que despois pechenb o tráfico do centro de Redondela e poñan bicicletas.
- O polígono, destruíndo o Camiño de Santiago.
- O amaño da Marisma despois de que fose ultraxada durante os últimos 30 anos.


etc

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: