www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 17 de Xuño de 2019

O IV Torneo Internacional de Fútbol 7 contará coa participación de 780 xogadores
Deporte • 18/03/2011
Autor: M. X. Queimaliños

A competición, que se disputará os día 21, 22 e 23 de abril en Redondela organizada polo club Redondela Escola de fútbol base,  preséntase esta tarde na Illa de San Simón. Está confirmada a presenza de clubs internacionais como o Milán ou Benfica, entre outros.


A Illa de San Simón acolle esta tarde a presentación do IV Torneo Internacional de Fútbol 7 Alevín, que se disputará os vindeiros días 21,22 e 23 de abril en Redondela.


Participarán no torneo un total de 780 xogadores de idades comprendidas entre os 8 e os 12 anos de idade, é dicir, das categorías benxamín e alevín.


Ademais dos equipos procedentes da comunidade como o equipo anfitrión, o R.C.Celta. o Deportivo e o Pontevedra, participarán tamén na competición o Atlático de Madrid, o equipo de Puertollano, o club de Benfica, Lisboa, Porto e o Notteroy If de Noruega. Está ademais confirmada a presenza do equipo belga Royal Antwerp F.C e do equipo alevín do Milán.


En total 780 xogadores que estarán en Redondela nas datas de Semana Santa o que supón a presenza mínima de máis de 1200 acompañantes diarios no Campo de fútbol


O acto terá lugar esta tarde e ademais dos directivos e xogadores da Escola de fútbol base de Redondela participarán o director da Fundación Illa de San Simón, Francisco Javier Alonso, o concelleiro de cultura Eduardo Reguera, a deputada provincial Francisca Canal e en representación de Novacaixagalicia acudirá Javier Bas.

Comentarios
Moucho Marx
Luns 21 de Marzo de 2011 ás 16:59 horas
Comentarios
Moucho Marx
Luns 21 de Marzo de 2011 ás 16:57 horas

ISTO XA PASA DE MARRÓN GLACÉ A CASTIÑEIRO NEGRO.

Que aínda non haxa máis dunha semana tivésemos paralizada a nosa actividade por mor do servidor podía pasar. Pareceunos normal. O servidor, instalado nas terras da Alemaña e acostumado por tanto á rixidez, é dicir, a non estar acostumado do riso de continuo, podía crear situacións como a pasada, pero que onte de mañá, cando íamos instalar un troll, dous gnomos e unha mona como a que había na alameda de Pontevedra hai anos na nosa querida páxina volvese saltar de novo as alarmas e non fósemos quen de contactar con ela xa nos chegou aos oeufs.
Postos en contacto coa oficina de prensa de radio Nacional negáronnos que tiveran que ver co asunto. Postos en contacto coa oficina de prensa do cortello de Redondela, dixéronnos tamén igual. Postos en contacto cos partidos que teñen moita sede na rúa Alfonso XII pasounos o mesmiño. Postos en contacto co partido que ten moita sede na praza da Constitución idem de lienzo. Finalmente, cansos de tanto preguntar, concluímos que se trataba dunha puta sabotaxe contra nós e o que significamos: unha voz discordante, iconoclasta, ruda e dura. Está claro que nesta Redondela de opereta chegamos a molestar, e moito. Non deixa de ser un éxito para algo que non chegou a durar tres meses.
O malo é que os censores non se decatan que, canto máis se esforzan máis nos obrigan, e que a cousa non pode quedar así, evidentemente.
Chamamos a todos a rebelármonos contra este sistema hipócrita e contra destes políticos hipócritas que pretenden tomarnos o pelo e que, por riba, calemos, aguantemos como se fósemos ovellas. Vai sendo hora de que a xente desta vila lles diga a todos que se vaian tomar…unhas copas e deixen as cousas serias para a xente seria, como nós mesmos.


[1-1]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: