www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 19 de Agosto de 2019

Denuncian no Parlamento que os vertidos da A59 soterrarán un xacemento arqueolóxico
Sociedade • 18/03/2011
Autor: M. X. Queimaliños

O BNG de Pazos de Borbén denuncia no parlamento que o vertido da A59 provocará o soterramento dun xacemento arqueolóxico en Amoedo. Os nacionalistas cualifican de "irresponsable" ao goberno local por non tomar ningunha medida para evitar este prexuizo para o patrimonio local


Os parlamentarios do BNG na Xunta e no Congreso dos deputados veñen de solicitar tanto á Consellería de Cultura como ao Ministerio de Fomento a paralización dun vertedoiro de residuos das futuras obras da A59 que provocará o soterramento dun xacemento arqueolóxico na parroquia de Amoedo.


Dende o Bloque de Pazos critican a falta de preocupación amosada polo goberno municipal de cara a defender o patrimonio arqueolóxico do Concello, xa que cando se levou este tema a pleno e se preguntou polas iniciativas que se ían levar a cabo para evitar a desfeita, o goberno local respondeu que "non atopara nos planos ningún vertedoiro en Amoedo, e que de existir dito soterramento arqueolóxico, as competencias serían da Consellería de Cultura, polo que o Concello non ía tomar ningunha medida".


Ante esta responsa, o BNG lembra que Pazos de Borbén conta cunha grande riqueza en petróglifos por todo o seu territorio sen que o goberno do PP teña adoptado ningunha medida de cara a poñelos en valor, pero que de especial gravidade é o feito de que o concello non mostre ningún interese por evitar a destrución de tan rico patrimonio.

Comentarios
Víctor Falso Cadalso
Martes 29 de Marzo de 2011 ás 22:24 horas
pois moderando as coxunturas podemos chegar á conclusión de que os sistemas vectoriais son contraproducentes ás inxeccións de metano que se saen de certo lugar que ten Víctor na saída de gases.
Receita
Sábado 26 de Marzo de 2011 ás 23:42 horas
Adepende, temos un ton bastante moderado e por debaixo do que se usa nos plenos municipais. Se queres pomada vai á farmacia.
Moucho Marx
Luns 21 de Marzo de 2011 ás 16:57 horas
ISTO XA PASA DE MARRÓN GLACÉ A CASTIÑEIRO NEGRO.

Que aínda non haxa máis dunha semana tivésemos paralizada a nosa actividade por mor do servidor podía pasar. Pareceunos normal. O servidor, instalado nas terras da Alemaña e acostumado por tanto á rixidez, é dicir, a non estar acostumado do riso de continuo, podía crear situacións como a pasada, pero que onte de mañá, cando íamos instalar un troll, dous gnomos e unha mona como a que había na alameda de Pontevedra hai anos na nosa querida páxina volvese saltar de novo as alarmas e non fósemos quen de contactar con ela xa nos chegou aos oeufs.
Postos en contacto coa oficina de prensa de radio Nacional negáronnos que tiveran que ver co asunto. Postos en contacto coa oficina de prensa do cortello de Redondela, dixéronnos tamén igual. Postos en contacto cos partidos que teñen moita sede na rúa Alfonso XII pasounos o mesmiño. Postos en contacto co partido que ten moita sede na praza da Constitución idem de lienzo. Finalmente, cansos de tanto preguntar, concluímos que se trataba dunha puta sabotaxe contra nós e o que significamos: unha voz discordante, iconoclasta, ruda e dura. Está claro que nesta Redondela de opereta chegamos a molestar, e moito. Non deixa de ser un éxito para algo que non chegou a durar tres meses.
O malo é que os censores non se decatan que, canto máis se esforzan máis nos obrigan, e que a cousa non pode quedar así, evidentemente.
Chamamos a todos a rebelármonos contra este sistema hipócrita e contra destes políticos hipócritas que pretenden tomarnos o pelo e que, por riba, calemos, aguantemos como se fósemos ovellas. Vai sendo hora de que a xente desta vila lles diga a todos que se vaian tomar…unhas copas e deixen as cousas serias para a xente seria, como nós mesmos.
Adepende
Domingo 20 de Marzo de 2011 ás 21:10 horas
Comparto que en política falta moita visión a longo prazo. Comparto que en política se toman demasiadas decisións coas próximas eleccións que toquen na cabeza.
Pero non comparto as verdades absolutas de algúns. Non comparto que cando un partido político toma unha decisión contraria ao meu parecer, sexa porque son uns vendidos que gobernan de costas á xente. Non comparto que quen non se presentou a ningunha elección se erixa como voz da cidadanía, e ao mesmo tempo se deslexitime a un partido que foi o máis ou un dos máis votados, acusándoo de non representar aos cidadáns.
Non confundamos desexos con realidade.
Todo isto ven a conto do ton empregado habitualmente por moitos neste foro.
CEBO
Sábado 19 de Marzo de 2011 ás 23:25 horas
Menudos hipócritas estes blokeiros. Todo isto por desacreditar a outra forza política cando eles tamén apoian a construcción da autovía.
Denuncian no Parlamento os danos que se poden causar polos vertidos no patrimonio cultural, e o resto dos danos que causará? A perda de manantiais de auga, o cambio irreversible do entorno, as perdas ecolóxicas e económicas, a perda de vivendas, da calidade de vida..., todo iso para eles non conta? isto non é denunciable tamén no Parlamento? Seguen a xogar connosco. Como para creelos...
A nova máis lida
Sábado 19 de Marzo de 2011 ás 21:19 horas
¿Onde vai a nova máis lida e comentada "Alberto Covelo lidera a candidatura da FPG en Redondela"?
Algunha das da lista actual pode considerarse máis lida ca esta?
A quén lle molestaba?
Parece mentira, volvemos á censura.
Arturo
Venres 18 de Marzo de 2011 ás 19:25 horas
Penso que vos confundides. O feito que denuncien o aterramento dos petroglifos non indica que sexan contrarios á obra.
Piden a paralización do vertedoiro, non da infraestrutura.
Por outra banda, o que sí parece certo é o paso cambiado no asunto do desmantelamento das vías en Chapela. Non é moi lóxico, pero a moción no Parlamento español vai no sentido do mantenemento do tren de proximidade (postureo), non na oposición ao desmantelamento da vía no tramo cara Vigo.
En fin, non busquemos congruencias, son politicos, e diante dunha campaña, ou sexa que :
"Aquí tiene mis principios, si no le valen, ...tengo otros"
oscar
Venres 18 de Marzo de 2011 ás 18:56 horas
O dito estan na feira e na praza o mesmo tempo. Presentan no congreso dos diputados unha iniciativa promovida por salva o tren, que se foi aprovada polos mesmos BNG, PP,PSOE que logo aprovan a senda verde. Os camiños de ferro son a mellor senda verde.
A59
Venres 18 de Marzo de 2011 ás 17:16 horas
el bng de redondela quieren la autovia y no le importa lo que lleve si lleva casa o xacemento arqueoloxico la da igual y el bng de pazos de borben se preocupa por los resto arqueolixicos no tienen ideas en conjuntos con otros grupo del bng que gobierna en galicia VALLA MERIENDA DE NEGROS
Miguez
Venres 18 de Marzo de 2011 ás 16:56 horas
Entendo que esta crítica tamén é aplicable dende o BNG de Pazos cara ó Concello de Redondela e ó BNG de Redondela por teren promovido de forma efusiva esta obra.

Está cursioso que nun mesmo partido uns mexen para arriba e outros para abaixo nun tema de tanto calado...
[1-10]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: