www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 19 de Agosto de 2019

A vitoria resísteselle aos equipos locais
Deporte • 21/03/2011
Autor: M. X. Queimaliños

Reparto de puntos en Lalín, campo no que xogaba o Paraxe Chapela e nova derrota para a SAR, que caeu na bomboneira por 24 goles a 27 ante o Mecalia Novás, un resultado que deixa aos redondeláns ás portas do descenso.


Tanto A SAR como o Paraxe necesitaban esta fin de semana unha vitoria para acadar os seus obxectivos que, en todo caso, son ben diferentes. Por unha banda os de Chapela continúan loitando por lograr o segundo posto e poder así disputar a fase de ascenso mentres que os de Redondela necesitaban desesperadamente algún punto para manter as esperanzas na permanencia.


En ambos os dous casos, os rivais non permitiron a soñada vitoria. Así, o Paraxe Chapela empataba a 29 tantos na súa visita ao campo do Lalín, un reparto de puntos xusto xa que cada equipo dominou un período do partido.


O paraxe continúa no terceiro posto da clasificación pero ás súas opcións de cara ao ascenso diminúen por ter acadado a vitoria o Calvo Xiria, segundo da táboa e que se distancia tres puntos dos de Fran Teixeira. Os de Chapela reciben na vindeira fin de semana ao Zamora.


E moito peor están as cousas para a SAR cada vez máis lonxe da permanencia, logo da derrota sufrida o sábado no Pavillón de Redondela ante o Mecalia Novás. Un encontro que remataba co marcador de 24-27 e que deixa á Peguform no penúltimo posto con tan só 11 puntos. A sentencia do descenso non está matematicamente confirmada pero ao equipo tan só lle resta tentar facer uns bos partidos nas tres xornadas que quedan para rematar a tempada. Por diante na próxima fin de semana teñen un encontro complicado, xogan en Asturias contra o líder da categoría, o Gijón.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: