www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 18 de Outubro de 2019

O PP rexeita asinar o manifesto do Día internacional da muller
Institucional • 21/03/2011
Autor: M. X. Queimaliños

Os populares argumentan a súa postura alegando que o manifesto elaborado pola Concellería de Igualdade "non representa ás mulleres de Redondela senón as posturas ideolóxicas do bipartito local atacando ao goberno autonómico"


O Partido Popular rexeitou apoiar o manifesto elaborado co gallo do Día Internacional de Muller pola Concellería de Igualdade ao considerar que o seu contido "é en exclusiva un ataque ao goberno autonómico do PP".


A secretaria de comunicación do PP local, Teresa París explica que no corpo do manifesto existen referencias ao risco de involución dos dereitos da muller que estamos a vivir, unha interpretación da realidade que cualifica de "moi sesgada" tendo en conta que "o cambio hai xa décadas que se produciu e ademais é imparable".


Critican que se empregue o manifesto para solicitar que se retire a lei de Familia que ven de ser aprobada pola Xunta e que se reclamen maiores axudas de violencia de xénero cando o goberno galego "segue mantendo as partidas, sen recorte algún, con este fin"


Aproveita o PP local para subliñar que a Concellería de igualdade demanda incrementos nas partidas procedentes da xunta mentres as partidas que o Concello destina para axudar a estas mulleres e ás súas familias non medraron e tampouco se incrementaron as que proceden do goberno central.


Finalmente dende o PP expresan o seu compromiso en "coidar que os dereitos das mulleres continúen a ser tratados positivamente" pero rexeitan asinar o documento porque dende o seu punto de vista o mesmo non supón "un apoio á muller, senón o apoio a unha lista de cuestións que politicamente consideran correctas os membros do Goberno local para articular peticións que lles rendan fronte os seus partidarios".  

Comentarios
Angel
Xoves 31 de Marzo de 2011 ás 17:04 horas
Grazas por avisar Maira. E ti como o sabes? non serás parte interesada?
Xa nos teñen acostumados á súa maneira de actuar: con premeditación, alevosía, oscurantismo...
E nós non imos facer ren? Pensan que cos votos están lexitimados para facer o que se lles antoxe, aínda que iso vaia en perxuizo dos seus propios votantes. Que cada quen saque as súas propias conclusións, a miña teñoa clara.
Maira
Luns 28 de Marzo de 2011 ás 14:59 horas
Este mércores ás 19:00 hs. no pleno municipal van a modificar os estatutos do Consello Municipal da Muller, sen que os colectivos sociais sepan nada, e por riba a dous meses dunhas eleccións. Empregan a temática da muller, partidista e electoralmente. Caciqu@s!!!!
Juan
Domingo 27 de Marzo de 2011 ás 16:19 horas
Qué notición o de hoxe no faro. Esta mesma nova cunha semana de retraso. Mirando máis alá das palabras, impórtalles ben pouco o fondo da cuestión: as mulleres. Solo a utilizan coma argumento para tirarse unha vez máis os trastos. Non sei en que mundo viven estas politiqueiras pero parecen bastante lonxe da realidade.
seguidor de faloderedondela
Xoves 24 de Marzo de 2011 ás 12:23 horas
coincido plenamente coa opinon de XAN. A parte de isto, a paxina indicada daba alguns datos moi interesantes. por exemplo, no CONFIDENCIAL " A GORXA SECA ", dabanse datos de moito interés. por exemplo, a composición do comité electoral do pp de redondela. menudo "pelaxe" a dos membros de ese comité. Así, non é de extrañar, a posición dos peperos neste tema da muller. Deus nos libre.
Xoan
Martes 22 de Marzo de 2011 ás 23:21 horas
Pois falo de Redondela era unha páxina que na miña opinión que lle da un toque de humor a vida social e política do noso concello(creo que algunhas noticias eran moi graciosas,incluso cheguei a rir moitísimo,pero tamén recoñezo que noutras as mofas eran demasiado grandes) e o meu comentario é porque en moitas novas aparecía a publicidade desta páxina e polo seguiente pensei que te queixabas por falar desta páxina aquí igual que eles o fixeron noutras.Pensei que te queixabas pero creo que me equivoquei polo que te pido desculpas se te sentiches ofendido.Saúdos
Xoan
Martes 22 de Marzo de 2011 ás 23:21 horas
Pois falo de Redondela era unha páxina que na miña opinión que lle da un toque de humor a vida social e política do noso concello(creo que algunhas noticias eran moi graciosas,incluso cheguei a rir moitísimo,pero tamén recoñezo que noutras as mofas eran demasiado grandes) e o meu comentario é porque en moitas novas aparecía a publicidade desta páxina e polo seguiente pensei que te queixabas por falar desta páxina aquí igual que eles o fixeron noutras.Pensei que te queixabas pero creo que me equivoquei polo que te pido desculpas se te sentiches ofendido.Saúdos
Miguez
Martes 22 de Marzo de 2011 ás 08:40 horas
Xoan, non quero que te apreza mal a miña pregunta. Só me gustaría que se explicase en profundidade que é faloredondela e porque todos estos comentarios (ou sexa, a que se deben e que hai detrás). Eu non coñecía a web faloredondela e tampouco a podo coñecer agora pois non a dou atopado. Por iso, só pregunto porque, xa que se fan comentario de esta web neste foro, se explique en profundidade o que pasa (pois eu non teño nin idea do tema e con uns simples comentarios queixándose de censura ou
non sei quen eu non dou entendido nada de nada). Tamén pode ser que os comentarios vaian dirixidos a unhas persoas en particular e os demais non teñamos porque saber máis do tema, nese caso non me meto.

Saúdiños
Xoan
Luns 21 de Marzo de 2011 ás 21:31 horas
Pois fálase de faloderedondela aquí igual que eles deixaron comentarios en novas que nada téñen que ver con eles,así de simple.
Miguuez
Luns 21 de Marzo de 2011 ás 18:36 horas
Non entendo porque se fala aquí de faloderedondela, que representa esta web, que relacion ten con Radio Redondela, como sucedeu o tema da censura, ...

Preguntoo porque fanse comentarios como se todos soubéramos de que vai esta web e que lle está pasando.
Camionera
Luns 21 de Marzo de 2011 ás 14:37 horas
En primeiro lugar, alegrome que pechara, desparecera ou atacaran o faloderedondela. En segundo lugar, non todas temos que coñecer a Sra. Teresa Paris, e por non coñecela non está deslexitimada para sela portavoz do PP de Redondela.

Respecto ao dos manifestos, non é de extranar a reacción nesta ocasión, do PP, e noutras doutros grupos políticos, o problema é cando os colectivos se politizan ou son adsorvidos por partidos políticos, ou mesmo convatidos, e son os partidos políticos os que fan o traballo que teñen que facer os movimentos sociais, e fanno para tirarlle os trastos a oposición. Felíz Ano a todas as mulleres traballadoras, ogallá non teñamos que lamentar máis vilolencia de xénero, que os partidos usan electoralmente

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: