www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 24 de Xaneiro de 2019

Candeas acesas para protestar contra a ampliación da AP-9
Sociedade • 11/05/2011
Autor: M. X. Queimaliños

Os veciños de Chapela concéntranse os xoves a partir das 21:30 horas nas pasarelas peonís sobre a autoestrada. O obxectivo é facer visible os problemas que padecen por vivir preto da vía e sobre todo, denunciar unha vez máis as intencións de Fomento de ampliar esta infraestrutura co conseguinte prexuízo para a parroquia


A ampliación da autoestrada ao seu paso por Chapela continúa pesando para os veciños desta parroquia, especialmente para os que teñen ás súas vivendas preto da vía. Por este motivo, e logo de varios anos, aínda lles quedan forzas e ideas para continuar coas protestas dun xeito orixinal.


Dende hai dúas semana teñen unha cita no seu calendario todos os xoves ás 21:30 horas. A esa hora más de duascentas persoas cítanse nas pasarelas peonís que discorren por riba da autoestrada dende a Subida de San Vicente ata a ponte de Pasan. O obxectivo é que todos os condutores coñezan os seus problemas así como denunciar os intereses de  Fomento de seguir adiante coa ampliación da autoestrada a pesar de que os estudos existentes demostran que o tráfico pola Ponte está a sufrir un descenso considerable nos últimos tempos.


Con esta curiosa protesta denuncian tamén outros problemas que lles afectan como a contaminación acústica e ambiental, o impacto visual e o mal mantemento da vía por parte da concesionaria, a pesar de tratarse dunha das autoestradas máis rendibles do estado.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: