www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 15 de Outubro de 2019

A marea vermella respecta a Enseada de San Simón
Sociedade • 8/09/2011
Autor: Ana Prieto

A toxina que o ano pasado afectou as rías galegas e que foi unha das máis virulentas da historia, podería repetirse tamén neste final do verán. As zonas marisqueiras do interior da ría de Vigo, na Enseada de San Simón, mantéñense a salvo da marea vermella. Desde as confrarías e a Consellería do Mar lanzan unha mensaxe de tranquilidade ós consumidores, xa que todo o marisco que se comercializa conta coa total garantía de estar en perfectas condicións.


Fontes da Consellería do Mar explican que o nivel de toxicidade que se rexistra nas augas «é moi semellante á do ano pasado». O prognóstico xa avanzaba que a marea vermella iría en aumento, e a día de hoxe a toxina afecta ao 80 % das zonas acoutadas para a cría de mexillón. Non é o caso das explotacións que se atopan na zona máis interior da ría de Vigo, é dicir na Enseada de San Simón, desde o estreito de Rande cara ó interior. Nesta zona da costa redondelá todos os produtos, tanto mexillón como o resto de bivalvos, gozan de todas as garantías. De feito na actualidade o mexillón galego só pode saír dalgunha do once áreas que aínda quedan abertas á extracción: seis na de Vigo, nos viveiros do interior da ría, e outros cinco polígonos na ría de Arousa. A pesar de todo, o sector aínda está tranquilo. Por unha banda destacan que neste época do ano é algo habitual, e por outra porque o peche non é total e a duración aínda é asumible.


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: