www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 15 de Outubro de 2019

"Pasos e Pegadas" na Casa da Torre
Cultura • 14/09/2011
Autor: Ana Prieto

 

Variadas técnicas, estilos e temáticas recóllense na exposición de José González Sobrino. As cores son protagonistas nesta mostra na que se mistura o amor e o desamor, a risa e o pranto. Un repaso á traxectoria deste artista que pode visitarse na Casa da Torre ata o 23 de setembro.


O título da exposición "Pasos e Pegadas" de González Sobrino non é casual. Serve para darnos a entender que este repaso pola obra pictórica sérvelle ó autor para "madurar as pegadas" das súas obras dos últimos anos. Para esta mostra o artista tivo tamén moi en conta o enclave no que se expón, e o feito de que a Casa da Torre sexa un albergue de peregrinos por onde pasa xente "moi variada". Por iso decidiu facer unha retrospectiva con obras de diferentes etapas da súa carreira. Deste xeito, cunha vintena de obras, repasa a súa traxectoria. Na primeira etapa as cores de tons pastel son as protagonistas, para pasar logo a empregar outra variedade cromática "algo máis forte", como recoñece o propio autor. Óleos, acuarelas ou técnicas mixtas poden apreciarse nesta colección con variedade de formatos. A mostra está aberta en horario de 13.00 a 22.00 horas ata o dçia 23 de setembro.


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: