www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 15 de Outubro de 2019

Chapela celebra a súa primeira Festa Popular
Sociedade • 16/09/2011
Autor: Ana Prieto

A asociación Froles Marliñas organiza toda unha xornada de actividades para mañá sábado. Comezará pola mañá con actividades deportivas, un torneo de balonmán e a I Marcha Popular Andar e Correr, cun perrrido desde a Alameda ata o Paseo de Cardona. Haberá unha ampla oferta gastronómica, música e baile tradicional, xogos populares e un mercado de segunda man.


A parroquia de Chapela é a protagonista das actividades esta fin de semana coa celebración da primeira Festa Popular que organiza a asociación Froles Mareliñas. A Alameda da parroquia acollerá un amplo programa que comezará ás 11 da mañá cun torneo de balonmán. Media hora máis tarde dará a súa saída a I Marcha Popular Andar e Correr, aberta a participantes de todas as idades. O percorrido será desde a Alameda ata o paseo de Cardona e a praia de Arealonga, para regresar ó punto de partida. Rematada a marcha haberá un sorteo de agasallos para todos os participantes. José González, da directiva, explica que "o importante é participar" e non quen chegue máis rápido. A música e o baile tradicional acompañarán a festa ó longo de toda a xornada, xa que está prevista a actuación de grupos desde as 11.00 ata ben entrada a noite. A gastronomía será tamén parte primordial desta festa, a oferta é variada e vai desde as sardiñas asadas ata os chourizos, xamón asado, empanadas e sobremesas caseiras. Unha xornada festiva que contará tamén cun mercado de segunda man onde se poderán con artigos de todo tipo, como libros, roupa ou música.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: