www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 15 de Outubro de 2019

Triunfo do Paraxe Chapela no I Trofeo Vila de Redondela Feminino
Deporte • 19/09/2011
Autor: Ana Prieto

As xogadoras do Paraxe Construcións impuxéronse na final ás redondelás da SAR Shopimagen por 22-18. Os dous equipos locais chegaron á final logo de impoñerse na primeira eliminatoria ó Sanlo de Euskadi e ó Valladolid, respectivamente. Pamela Arca, do Balonmán Chapela, foi elixida mellor porteira do campionato, e Carla Abad, da SAR, mellor xogadora.


Os dous equipos locais, que militan na Liga Autonómica, ofreceron un partido de moita intensidade, no que no cómputo xeral o dominio foi para o Paraxe. Un primeiro tempo case perfecto para as xogadoras de Chapela deixaba o parcial cun marcador de 8-15. Pero todo mudou no segundo tempo. O exceso de confianza das chapeleiras, cunha defensa máis feble, fixo posible que as xogadoras da SAR Shopimagen mellorasen resultados, ata acadar un parcial de 8-2 ó favor das anfitrioas, co que o marcador amosaba un axustado 16-17. O tempo morto fixo espertar ás xogadoras de Chapela, que recuperaron o dominio do xogo e sentenciaron a final.


Na final de consolación gañou a terceira praza o Sanlo de Euskadi, que se impuxo ó Valladolid por 31-25. Pamela Arca, do Balonmán Chapela, foi elixida mellor porteira do campionato, e Carla Abad, da SAR, mellor xogadora.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: