www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 15 de Outubro de 2019

Fomento afirma que a alternativa para a variante da A-59 é a "máis eficiente"
Institucional • 19/09/2011
Autor: Ana Prieto

O Ministerio de Fomento contestou ó conselleiro de Medio, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e ao alcalde de Redondela, Javier Bas Corugueira, que a alternativa escollida para a variante da A-59 é a "máis eficiente" e que anular todo o proceso, suporía un "atraso" na obra.


Fontes do departamento que dirixe José Blanco indicaron que a alternativa, aprobada polo Ministerio de Fomento, é a "mellor funcionalmente, a máis eficiente e a que permite as maiores captacións de tráfico", en concreto, explican, da N-550. Ademais, é o trazado "máis curto", xa que supón cinco quilómetros menos, e é, así mesmo, "a máis rendible e máis eficiente", explicaron as mesmas fontes. De feito, por outro lado, os proxectos do trazado foron sometidos ao trámite de información pública, co que están pendentes só de aprobación de expediente. Deste xeito, "anular todo o traballo e volver ao principio" levaría consigo "un atraso" da obra.


Agustín Hernández e o alcalde Redondela, Javier Bas, logo dunha reunión a pasada semana, anunciaron que esixirán ao Ministerio de Fomento o "cambio de trazado" da autovía a-59. Ambos os dous dirixentes rexeitaron a alternativa proposta por Fomento e piden cambiar a alternativa cinco pola 11, por considerar que conta con mellores factores.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: