www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 15 de Outubro de 2019

Cultura viva en Saxamonde
Cultura • 20/09/2011
Autor: Ana Prieto

O Centro Cultural e Social "Chan das Pipas" de Saxamonde ofrece un amplo abano de actividades para todas as idades. Música e baile, idiomas ou aeróbic son algunhas delas. Unha programación que responde ás propias demandas dos veciños e que serve para dinamizar a vida social da parroquia e favorecer a convivencia entre persoas de distintas xeracións.


Este curso que comeza, o Centro Cultural Chan da Pipas pretende reforzar a oferta do ano pasado ao tempo que quere ofrecer novas oportunidades. Ofrécense cursos de inglés para nenos e adultos, iniciación e perfeccionamento de baile latino, así como de baile moderno para os máis cativos e aeróbic. Dentro da música e danza tradicionais, ofrécense cursos de gaita de iniciación e baile para cativos e adultos. Unha das novidades deste ano é o curso de percusión tradicional e iniciación á solfa. Desde a asociación tentan que a aprendizaxe non se limite ás actividades que fan no centro, senón que os alumnos "o incorporen á súa vida cotiá". Desde a organización, Paulo Jablonski explica que o obxectivo é converter estes clases en "parte da cultura viva" da xente.


Os cursos están abertos tanto aos socios do Centro Cultural como a calquera persoa interesada neles con independencia da súa residencia. Os interesados poden chamar aos teléfonos 666 934 347 ou 672 014 402 . Ademais a Asociación de Mulleres "Arela" de Saxamonde conta, tamén, cunha oferta de cursos. Pandeireta e ioga son as apostas de "Arela" para esta tempada. As persoas interesadas poden chamar ao teléfono 986 40 32 86.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: