www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 15 de Outubro de 2019

O Paraxe Construcións de Chapela pelexará por xogar a fase de ascenso
Deporte • 21/09/2011
Autor: Ana Prieto

Esta fin de semana comeza a liga na Primeira Nacional de Balonmán, onde militan os equipos de Chapela e Redondela. Os de Fran Teixeira teñen como obxectivo rematar a competición como primeiro ou segundo clasificado, para poder xogar a fase de ascenso. A primeira cita desta liga será o sábado no pavillón do Camariñas, que acaba de ascender a esta categoría.


A pretemporada do Paraxe Construcións de Chapela estivo marcada polos éxitos, o club que preside Manuel González Soto fíxose co I Torneo Nacional Vila de Redondela, tanto na categoría masculina como na feminina. Este trofeo, organizado pola SAR Plastic-Omnium, supuxo xa unha boa toma de contacto dos equipos coa competición que agora comeza. Para Manuel González Soto, presidente do club, o obxectivo é superar o resultado da pasada temporada é "rematar a liga entre os dous primeiros do grupo", que son as prazas que dan acceso a disputar a fase de ascenso. Soto entende que o conxunto que adestra Fran Teixeira ten calidade suficiente para pode acadar esta meta e dar a batalla nunha liga que comeza este sábado. O primeiro partido dos chapeleiros será en Camariñas, contra un rival que acaba de ascender a esta categoría da Primeira Nacional. Soto explica que "con todo o respecto para o rival" irán á vila coruñesa "a gañar". Entenden que non será doado, xa que agardan un pavillón ateigado de seguidores do equipo local, agora que ven de acadar unha categoría superior.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: