www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 12 de Novembro de 2019

Redondela é o municipio con menos criminalidade da área metropolitana
Institucional • 22/09/2011
Autor: Ana Prieto

A Xunta Local de Seguridade reuniuse onte en Redondela para analizar os datos do pasado ano. Unha vez máis este municipio rexistra unha taxa de criminalidade por baixo da media provincial e estatal, con 25 delictos por cada mil habitantes ó ano, aínda que aumentaron con respecto ó ano 2009. O incremento é debido a un maior número de denuncias por violencia de xénero.


O número de delictos en Redondela incrementouse o pasado ano en relación ós datos de 2010. A causa é o aumento das denuncias por casos de violencia de xénero. Con todo, o subdelegado do Goberno, Delfín Fernández, recoñeceu que os datos en Redondela son bos, e manifestouse satisfeito porque neste municipio as vítimas de malos tratos dean o paso de denunciar. Apunta o subdelegado que os casos son os mesmos que había antes, e que a única diferencia é que as campañas de concienciación "fan que agora se denunicie máis". Os datos de 2010 deixan un total de 40 denunicas por este tipo de casos, fronte ás 30 de 2009, o que supón un incremento do 30%.


Delfín Fernández, que onte participou na Xunta Local de Seguridade, xunto co alcalde, Javier Bas, e responsables da policía, salientou que pese a estes datos, Redondela segue a estar "por baixo dos índices de criminalidade da provincia e do conxunto do Estado". O índice foi de 25 delictos por cada 1.000 habitantes no pasado ano, mentres que a media provincial elévase ata os 31, e a estatal supera os 45 casos. No que respecta ós delictos contra o patrimonio (roubos con forza, entre outros), Redondela está oito puntos por baixo da media española, con 7,3 casos por cada mil habitantes, fronte ós 15,3 que se dan a nivel estatal. Os roubos en vivendas tamén descenderon, cunha taxa de 19,9. O alcalde, Javier Bas, salientou que Redondela segue a ser o municipio coa taxa de criminalidade máis baixa da área metropolitana, o que pon de manifesto que "o sistema funciona". É salientable tamén en Redondela a alta eficacia policial, cun 56% dos casos esclarecidos, o que supón o mellor resultados dos últimos anos.


Os datos sobre seguridade vial son tamén moi positivos, cunha única vítima mortal nos últimos 12 anos.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: