www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 16 de Outubro de 2019

Fomento licita o proxecto da nova estación de tren en Chapela por un importe de 150.250 euros
Institucional • 26/09/2011
Autor: Ana Prieto

O Ministerio de Fomento licitou o contrato de servizos para a redacción do proxecto de construción dunha estación de viaxeiros en Chapela, no municipio pontevedrés de Redondela, por importe de 150.250 euros. Así o recolle o Boletín Oficial do Estado (BOE) do sábado nunha orde que outorga tres meses para ter lista a redacción dos traballos.


As instalacións de Chapela estiveron en funcionamento ata o pasado 28 de agosto cando, como consecuencia da integración ferroviaria de Vigo para a chegada da alta velocidade, trasladáronse os servizos ferroviarios á nova estación de Vigo-Guixar. Esta substitúe provisionalmente á de Vigo-Urzáiz, cuxas obra de adaptación ó AVE comezan estes días, segundo recordou o departamento que dirixe José Blanco. Por mor desta execución, o ramal de Redondela a Urzáiz, no que se situaba o apeadeiro de Chapela, perdeu o seu uso ferroviario. No entanto, co obxectivo de continuar "dando servizo aos veciños" desta localidade, Fomento pon en marcha con esta licitación a construción dunha nova estación. Situarase na liña Redondela-Chapela, e estará próxima á que xa existe na actualidade. O proxecto incluirá unha análise de alternativas á localización da terminal, estudos xeolóxicos, movementos de terras e estruturas. Ademais, integrará a arquitectura do edificio do apeadeiro e as plataformas, a superestructura de vía ou a análise dos desvíos de servizos necesarios para a súa implantación.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: