www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 15 de Outubro de 2019

O balonmán de Redondela comeza a liga con vitorias sobre o Camariñas e o Cinco Jotas
Deporte • 26/09/2011
Autor: Ana Prieto

Comezou a liga na Primeira Nacional do mellor xeito posible para os equipos locais, con dúas importantes vitorias. O Paraxe Chapela impúxose con moita superioridade ó Camariñas (19-27) e a SAR Plastic Omnium amosouse moi sólida fronte a un Cinco Jotas irregular (35-31).


Primeira Nacional Masculina


Camariñas 19- 27 Paraxe Chapela


A experiencia do equipo de Fran Teixeira foi determinante na vitoria en Camariñas diante dun rival recentemente ascendido. Neste primeiro partido oficial de liga Vidal, con 8 goles, e Sergio, con 6, foron os máximos anotadores do equipo redondelán.


SAR Plastic Omnium 35-31 Cinco Jotas Lavadores


Os de Pablo Muíños souberon aproveitar os seus méritos e a actuación desigual do seu adversario. Os vigueses foron foi irregulares e aínda que chegaron ó descanso cun gol de vantaxe no segundo tempo os redondeláns volveron poñerse por diante e foron marcando distancias ata o final.


Na próxima xornada os de Chapela reciben ó Cangas, e a SAR xoga na pista do Cisne.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: