www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 16 de Novembro de 2019

A modificación do crétido solicitado polo concello e a aprobación do regulamento do servizo de préstamos de bicicletas, puntos centrais do pleno desta tarde
Institucional • 9/09/2009
Autor: Lorena Otero

Os populares solicitaron a comparecencia do Concelleiro de Tráfico, Eduardo Reguera, para esixirlle a posta en marcha de medidas que solucionen os problemas de aparcadoiro e tráfico que están a provocar as obras de humanización no centro de Redondela. 


 


A partir das 20.30 horas a corporación municipal reunirase para celebrar o pleno ordinario do mes de setembro. Unha sesión que terá como principais puntos as modificacións realizadas no crédito solicitado polo Concello, a adopción dun acordo sobre as obras de mellora do saneamento no barrio de a Nogueira así como as alegacións ao expediente de abastecemento de auga en Cabanas, Cotarel e a Formiga. Ademais tamén se abordará a aprobación inicial do regulamento de uso e funcionamento do servizo de préstamo de bicicletas.
 


Pero espérase que a situación do tráfico no centro da vila se converta en punto central do pleno despois de que o Partido Popular anunciara que esixiría a comparecencia de Eduardo Reguera para que dea explicacións, polo caos circulatorio, que segundo os populares, está a sufrir Redondela. O popular Alberto Pazos criticaba ao responsable de tráfico por non tomar medidas e solucionar unha situación que está a causar graves prexuízos á hostalería e comercio local. Pazos considera que xa pasou o tempo de improvisar e de medidas esperpénticas. Porén esta tarde pediranlle ao responsable de tráfico, solucións concretas aos problemas de circulación, sinalización e aparcadoiro e senón a súa dimisión


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: