www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 14 de Novembro de 2019

O sábado os xogos populares galegos e cataláns encherán o Paseo da Xunqueira
Cultura • 9/09/2009
Autor: Lorena Otero

Recuperar os xogos tradicionais de ambas comunidades así como fomentar o xogo interxeracional, colectivo e ao aire libre son algúns dos xogos que se organizarán o sábado dentro do programa da Foliada.


A billarda, o lanzamento de sacho e trompo serán algúns dos xogos dos que poderán gozar os que se acheguen a partir das 17 horas ao paseo da Xunqueira na xornada do sábado. Con esta actividade os membros da Foliada queren recuperar xogos populares que quedaron esquecidos, como o caso do lanzamento de sacho. Un xogo que se practica hai anos en Galicia e que tiña como gañador aquel que o lanzaba máis lonxe. Ademais de fomentar a relación entre cativos e maiores así como a interacción social e o xogo ao aire libre.


Desde a organización fan un chamamento a grandes e pequenos para que participen na actividade xa que se trata de que os nenos aprendan e se relación con xente doutras idades. Tamén se celebrará o Campionato Nacional de Billarda, que achegará ata a nosa vila a preto de 100 persoas que practican este xogo a cotío. As actividades son de balde e tan só hai que achegarse ao Paseo da Xunqueira a partir das 17.00 da tarde.


A esta mesma hora pero no Campo da Feira tamén teremos unha cita cos xogos aínda que neste caso reivindicativos, co xogo da Coca. Unha versión do xogo da Oca, creado pola Plataforma contra a Autovía, coa que os participantes poderán coñecer algunhas das obras, que segundo esta organización, están a danar o noso territorio e o noso medio ambiente. Esta será a segunda vez que teremos a oportunidade de xogar á Coca en Redondela, xa que o pasado mes de xullo a Plataforma presentábanos esta iniciativa, que esperan teña o mesmo éxito que nesa primeira experiencia.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: