www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 25 de Xuño de 2019

Arrinca a Foliada 2009 cao actuación dos Croquetas
Cultura • 11/09/2009
Autor: Lorena Otero

Ás doce deste medio inaugurouse o programa do encontro sociocultural entre Galicia e Cataluña que achegará a nosa vila a 162 persoas de Barcelona.

 


O consumo, a mobilidade, a tradición cultural de ambas comunidades serán tres dos eixes da Foliada, que encherá de actividades a Redondela desde hoxe ás doce do mediodía e ata o domingo, onde as actividades se pecharán cun xantar popular de despedida e unha sesión de avaliación da Foliada. Xogos populares e reivindicativos, obradoiros de xabón, pancartas, así como un taller de reciclaxe e bicicletas, un roteiro pola contorna de Redondela, unha visita á Illa de San Simón son algunhas das  actividades das que poderemos gozar durante estes tres días.


Tamén haberá música, con bandas galegas e catalas así como exposicións. Esta tarde teremos a oportunidade de coñecer máis da producción ecolóxica de alimentos, grazas ao "Encontro sobre outra posibilidade de alimentarnos" e á "Xuntanza de colectivos de consumo colectivo", que se celebra o sábado a partir das 12.00. Unha actividade que tamén nos permitirá coñecer as iniciativas que se están a desenvolver no eido local na produción ecolóxica e onde podemos atopar este tipo de produtos na nosa vila.


Reflexión, concienciación pero tamén diversión daranse cita durante estes tres días polas rúas de Redondela.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: