www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 26 de Agosto de 2019

Máis de 160 persoas achegarán a cultura e tradición catalá a Redondela
Cultura • 11/09/2009
Autor: Lorena Otero

Procedentes na súa maioría do distrito barcelonés de Nou Barris, 162 persoas pasarán este fin de semana na nosa vila para participar na Foliada 2009, reivindicando a autosuficiencia social.


 


Con espírito cultural e reivindicativo, a comunidade catalá presentaranos a súa cultura tradicional a través de xogos, do circo, o teatro, pasando pola comida, a música, e tamén polas iniciativas que están a desenvolver en materia de mobilidade, consumo responsable e produción ecolóxica. Un intercambio sociocultural que se vén realizando desde o ano 2002 cando se celebrou no distrito de Nou Barris a primeira Foliada. Arestora xa son cinco as edicións deste Festival que cada dous anos leva a galegos e cataláns a cruzar o Estado para xuntarse e intercambiar impresións e mesturar culturas.


Desde a organización de Cataluña lembran o espírito libre desta actividade, que nace a marxe de institucións e empresas. Un encontro que segundo afirman quere demostrar que "querer e poder".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: