www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 9 de Agosto de 2020

O Choco consolídase como líder logo de gañar ao Portonovo cun gol no primeiro minuto
Deporte • 21/11/2011
Autor: Ana Prieto

Os de Jacobo Montes manteñen o liderado na Preferente Autonómica logo de impoñerse por 1-0 ó Portonovo. Un gol de Molinos nada máis comezar o encontro foi suficiente para que sumasen os tres puntos en Santa Mariña, e son xa sete os partidos que levan invictos. Peor foron as cousas no resto de categorías, con derrotas para todos os equipos da bisbarra agás na Terceira Autonómica, cunha vitoria do Soutomaior sobre o Cruceiro B e un empate do filial do Choco co Nigrán.


Preferente Autonómica



Choco 1-0 Portonovo


O Choco estase a consolidar como un dos mellores equipos da categoría, e suma xa varias semanas como líder. Os redondeláns levan sete xornadas invictos, e o campo de Santa Mariña é un verdadeiro fortín, onde levan gañados todos os partidos disputados ata o de agora. O Portonovo comprobou nas súas propias carnes a efectividade dos redondeláns, que se adiantaron no marcador no primeiro minuto de xogo. Foi obra de Molinos, que controlou un balón co peito nun centro atrás, e Marcos nada puido facer por detelo certeiro disparo. O equipo visitante reaccionou e un disparo de Ero puido darlles o empate, pero a seguridade de Cortegoso impediuno. A partires de aí nonhou máis ocasións claras para o Portonovo, e a segunda metade foi un recital de xogo do Choco, que tivo numerosas oportunidades para ampliar a vantaxe. Con todo, a falta de puntería evitou a goleada, e o gol de Molinos foi suficiente para darlle a vitoria ó Choco, intratable como local..


O próximo domingo defenderán o liderado no campo do Marín, equipo da metade da táboa.


Primeira Autonómica


Marcón At. 5-0 Chapela


Os locais foron moi superiores ó Chapela, que caeron goleados. Os de Redondela empeoran a súa situación na táboa, agora son 13º. A próxima xornada volven xogar fóra, no campo do Arbo, equipo situado na metade da táboa.


Segunda Autonómica


Arcade 2-5 Campolameiro


O Arcade afúndese logo dunha nova derrota, está nunha complicada situación nos postos baixos da táboa. A próxima xornada xoga no campo do C.Pontevedra, que se mantén na metade da táboa.


Terceira Autonómica


Choco 0-0 Nigrán


O filial do Choco non conseguiu pasar do empate nun partido sen goles. Un encontro aburrido que se xogou no medio campo. Na próxima xornada reciben en Redondela ó Coia, quinto clasificado.


Coia 3-1 Chapela


O Chapela non conseguiu superar ós vigueses, e cae á metade baixa da táboa. Próxima xornada reciben ó Teis, un dos equipos máis fortes do grupo.


Gondomar 4-0 At. Vilar


O Vilar cae dúas posicións na táboa, ata a 10ª praza do grupo, logo de caer goleado en Gondomar. Os locais foron superiores e aproveitaron mellor as súas oportunidades. Xa no descanso estaban por diante cun 2-0. O Vilar tivo ocasións para recortar distancias, pero faltoulle acerto de cara ó gol. O domingo reciben ó Caldelas, da parte alta da clasificación.


Cesantes 1-3 Santomé


Os redondeláns non puideron co Santomé, e mesmo erraron un penalti cando o marcador estaba a ceros. Os visitantes adiantáronse, pero o Cesantes conseguiu empatar antes do descanso, cun gol de Alberto. Pero no segundo tempo, con dez xogadores, o Santomé sentenciou o partido. A derrota déixaos na metade baixa da táboa. O domingo visitan o campo do Bueu, un duro rival que actualmente é o 5º clasificado do grupo.


Cruceiro B 0-1 Soutomaior


O Soutomaior mantense como segundo do grupo logo de se impoñer pola mínima no campo do Cruceiro B. O domingo reciben ó Xeve, un dos equipos que pechan a clasificación.


Barciademera 2-1 Nespereira


Os de Pazos caen unha posición, ata a 6ª praza do grupo, logo de perder no campo do Barciademera.O domingo recibirán na casa a un rival máis feble, o Oliveira


Futbol Sala Autonómica Sur


O Redondela F.S. tivo xornada de descanso esta fin de semana xa que aprazaron o encontro previsto co Baitra Baiona. Os de Nolichi xogarán ese partido o mércores, día 23. O sábado continúan co calendario de liga, recibirá en Redondela ó Cesures


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: