www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 9 de Agosto de 2020

Igualdade convida a reflexionar no Día Internacional contra a violencia de xénero
Institucional • 22/11/2011
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellería da muller desenvolverá ao longo de tres días unha serie de actividades encamiñadas a visibilizar e previr a violencia de xénero. Unha exposición itinerante percorrerá os centros parroquias para informar de todo o referente a esta lacra social e o propio 25 de Novembro celebrará varios actos institucionais no Concello e na árbore Ginkgo Biloba.


As actividades arrancarán o xoves coa inauguración no Multiusos da Xunqueira da mostra "un camiño por diante para a erradicación da violencia e a discriminación". No mesmo día ás 17:30 horas celebrarase un concerto a cargo do alumnado do Conservatorio de Redondela.


O venres, día no que se conmemorara a xornada internacional contra a violencia de xénero, os protagonistas serán o alumnado do Instituto Illa San Simón, encargados este ano de escribir e ler a Declaración institucional que se poderá escoitar ás 12:00 horas no Concello. Un xeito tamén de poñer o acento na necesidade de que dende as idades máis mozas se actúe para erradicar a violencia contra as mulleres, que segundo diferentes estudos sufriu nos últimos anos un repunte precisamente entre os adolescentes.


A continuación terá lugar a tradicional homenaxe ás mulleres asasinadas pola violencia na árbore Ginkgo Biloba que se atopa no Salgueiral.


Xa o sábado ás 11:00 horas celebrarase no multiusos unha charla baixo o título "Falemos da violencia" a cargo dos psicólogos Ana Mª Sieiro e Alejandro Vaghetti.


 


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: