www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 4 de Agosto de 2020

O BOE publica o Real Decreto que autoriza a ampliación da ponte de Rande
Institucional • 24/11/2011
Autor: M. X. Queimaliños

O texto, que se pode consultar na súa totalidade no Boletín Oficial do Estado de hoxe 24 de novembro e que foi aprobado no Concello de Ministros do pasado venres, recolle o convenio pactado entre o Ministerio de Fomento e a concesionaria da AP-9, Audasa polo cal se "modifican determinados termos da concesión para a construcción, conservación e explotación da Autoestrada, para a ampliación da capacidade de diversos tramos de dita autoestrada".


A redacción do convenio establece que "Audasa construirá, conservará e explotará os novos carrís da AP-9  entre o enlace de Cangas e Teis" do mesmo xeito que a ampliación do tramo de Circunvalación de Santiago de Compostela.


O custe destas obras, incluídas as expropiacións e reposición de servizos serán integramente a cargo da concesionaria, cun investimento que está estimado en 350 millóns de euros.


Para compensar á concesionaria "da inversión correspondente ás obras de ampliación, os gastos de conservación e demais derivados dos mesmos" establécese tamén un "incremento moderado das tarifas". Concretamente e tal e como xa se adiantara en diferentes medios de prensa, "establécese un incremento das tarifas do 1% anual acumulativo durante vinte anos" de aplicación a partir do ano seguinte á finalización das obras.


En canto aso prazos para a realización das obra tan só se establece que a súa construcción non poderá superar os "trinta e sei meses a contar dende a data de inicio".


O téxto íntegro pódese consultar no enderezo


http://www.boe.es/boe/dias/2011/11/24/pdfs/BOE-A-2011-18493.pdf


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: