www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 4 de Agosto de 2020

A falta de axudas non impedirá gozar no Viso da música e as castañas no II magosto furtivo
Cultura • 24/11/2011
Autor: M. X. Queimaliños

A música tradicional estará presente neste festival que se celebra o sábado e que contará coa presenza dos grupos os Irmandiños de Vincios, Os modernos, Zurrumalla e A Requinta da Laxeira. Durante todo o día desenvolveranse actividades variadas con xogos populares, actuación de monicreques e degustación de castañas asadas.


A Asociación Cultural Santa María do Viso en colaboración co grupo Tanto Nos Ten organizan esta cita por segundo ano consecutivos enfrontándose a dificultades económicas que puideron compensar grazas á colaboración veciñal e aos cartos recadados coa venda de rifas e outras actividades. Este ano foi especialmente complicado no económico. Logo de que a Xunta decidise eliminar as axudas que concedía ás actividades culturais tamén Novacaixagalicia rexeitou colaborar argumentando que agora so se financian actos con gran repercusión mediática. E tamén nesta edición non foi posible contar coa colaboración do Concello quen alegou problemas económicos, segundo explicou un dos organizados, Xosé Covelo.


Malia todo o programa é xa unha realidade e arrancará a unha do mediodía cunha sesión vermú amenizada polo grupo Os Folieiros. A continuación terá lugar o xantar popular e xa pola tarde, a partir das 16:00 horas haberá xogos tradicionais e obradoiros para nenos con Cé Orquestra pantasma. Os monicreques correrán a cargo da agrupación Tanxarina e xa de cara a noite a música poñerana os grupos Os Irmandiños de Vincios, Os Modernos, Zurrumalla e a Requinta da Laxeira.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: